FIC Vía XIV Logo
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O festival
    • Categorías
    • Catálogos
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Cobertura mediática
      • Informe de cobertura 2019
      • Informe de cobertura 2018
      • Hitos FIC 2018
      • Hitos FIC 2019
    • Trofeos
      • Premio Especial do Público
      • Outros galardóns
    • Contacto
    • Equipo directivo
    • Laureles
    • Equipo de traballo
    • Agradecementos
    • Patrocinadores e colaboradores
  • Bases
  • Actividades paralelas 2020
    • Estrea de entroidar
    • Estrea de Hijas de Galicia, Macorinas
    • Música e cinema a cargo da Banda de Gaitas Nova Era
    • Festival Convidado: Play-Doc
    • Homenaxe a Luis Zahera
    • Frei Chitín
    • Proxección Caminos de Tierra
  • Galería
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Xurado FIC Vía XIV 2020
  • Programación
    • Selección oficial
      • Nova 1
      • Nova 2
      • Nova 3
      • A raia 1
      • A raia 2
      • Outra mirada 1
      • Horizontes 1
      • Horizontes 2
  • Voluntarios
  • Novas
  • GLGL
  • ESES

A actriz Mabel Rivera será homenaxeada no Festival Internacional de Curtas de Verín

7 Outubro, 2019

  • Posúe unha dilatada traxectoria artística no eido da actuación en cinema, televisión e teatro
  • Os verinenses poderán desfrutar, na vindeira edición do FIC Vía XIV, dunha selección de curtas nos que a actriz gañadora dun Goya ten participado

Verín, 07 de outubro de 2019.- A actriz de orixe ferrolá Mabel Rivera toma o relevo de Antonio Durán “Morris” e será homenaxeada na vindeira edición do FIC Vía XIV de Verín. En torno á figura desta destacada actriz articularase –segundo sinala Carlos Montero, o director do certame– “unha actividade na axenda paralela do festival que incluirá unha charla coa actriz e a proxección dunha selección de curtametraxes nas que ten participado ao longo da súa fecunda carreira”.

Mabel Rivera posúe unha dilatada traxectoria artística no eido da actuación e dende os anos 70 ten participado en multitude de proxectos teatrais, televisivos e de cinema. Gañadora dun Premio Goya por “Mar Adentro”, no ano 2005, Rivera é un rostro ben coñecido para os telespectadores galegos pola súa participación na célebre serie “Pratos Combinados”, que estivo en antena durante oito anos na Televisión de Galicia.

Dinamismo cultural das vilas galegas
A actriz afirma sentirse “moi agradecida” pola homenaxe, ao tempo que amosa o seu compromiso con participar na cuarta edición do Festival Internacional de Curtas de Verín. Neste sentido, Rivera considera importante respaldar “aqueles espazos que, coma o FIC Vía XIV, achegan propostas e tendencias cinematográficas aos habitantes das vilas galegas, que non sempre teñen acceso á maior oferta de contidos e á axenda cultural que existe nas nosas cidades”.

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Organiza

Vía XIV Festival Internacional de Curtas de Verín

Correo electrónico: info@ficviaxiv.com

Teléfono: 638 077 282

Política de privacidade / Aviso legal / Cookies