logo fic 2022
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O festival
    • Categorías
    • Programa 2022
    • Catálogos
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Trofeos
    • Membros do xurado FIC 2022
    • Contacto
    • Equipo directivo
    • Laureles
  • Bases 2023
  • Inscrición
  • Galería
    • Galería 2022
    • Galería 2021
    • Galería 2020
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Voluntarios
  • Novas
  • ESES
  • GLGL
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O festival
    • Categorías
    • Programa 2022
    • Catálogos
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Trofeos
    • Membros do xurado FIC 2022
    • Contacto
    • Equipo directivo
    • Laureles
  • Bases 2023
  • Inscrición
  • Galería
    • Galería 2022
    • Galería 2021
    • Galería 2020
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Voluntarios
  • Novas
  • ESES
  • GLGL

A Casa da Cultura de Verín acollerá a vindeira semana a proxección das curtas gañadoras do FIC 2022

13 Outubro, 2022

  • O passe, que será gratuito ata completar o aforo do recinto, terá lugar a partir das 21.00 horas do venres 21 de outubro

Verín, 13 de outubro de 2022.-  A Casa da Cultura de Verín vai acoller a vindeira semana un pase especial das diferentes curtas que obtiveron premio na máis recente edición do FIC Vía XIV, que se desenvolveu a principios do pasado mes de setembro na vila do Támega. A proxección terá lugar o 21 de outubro, venres, a partir das 21.00 horas, e será gratuita ata que se complete o aforo do recinto.

Así, no marco desta exhibición, o público de Verín poderá desfrutar dos traballos que resultaron premiados dentro de cada unha das categorias do certame. No marco da categoría Nova, patrocinada pola Fundación Dentalnova, o traballo gañador foi The last day of patriarchy, dirixido por Olmo Omerzu, unha coprodución entre a República Checa, Eslovenia e Francia.

Vol de nuit, O teu nome é e Rompente

Na categoría Horizontes gañou Vol de nuit, unha curta de 26 minutos de duración de orixe belga e dirixida por Kenan Görgun. E na categoria A Raia, patrocinada pola Eurocidade Chaves-Verín, foi merecente do premio a curta O teu nome é, un traballo con selo portugués dirixido por Paulo Patrício. Finalmente, o Premio Especial do Público recaeu no film Rompente do director ligado a Verín, Eloy Domínguez Senén.

Todos estes traballos poderán visionarse, de novo, en Verín nunha acción que ten como obxectivo “impulsar e darlle continuidade a unha iniciativa cultural como é o FIC Vía XIV, plenamente incardinada na axenda de ocio e lecer da nosa vila”, destaca o director do certame, Carlos Montero.

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *