A CABEÇA E A MAO
Marc Serpa Francoeur
Portugal
2018 | 23' 16''
Localizada nunha remota illa portuguesa, A cabeça e a mao é un retrato contemplativo de dúas mulleres con discapacidades que pasaron décadas vivindo xuntas e que, malia os desafíos aos que se enfrontaron, atoparon ledicia na súa independencia e irmandade.
Marc Serpa Francoeur
Marc Serpa Francoeur é un documentalista e produtor interactivo basado en Toronto, con proxectos ambientados en lugares tan lonxanos coma Portugal e Cuba. É o cocreador de The World in Ten Blocks, un documental web interactivo que explora un dos barrios máis diversos de Toronto a través das historias dos seus empresarios inmigrantes.
War of the worlds
Manuel Brito
Portugal
2018 | 14'
Unha persuasión xeral de que a través de toda a profundidade do espazo non existía vida máis alá da pequena superficie da nosa esfera diminuta. Agora vemos máis. Escura e marabillosa é a visión que evoco na miña mente, a vida que se extende lentamente dende este pequeno semilleiro do sistema solar ao longo da inmensidade inanimada do espazo sideral. Estrano cando lembro o momento no que o vin por primeira vez, brillante, limpo, duro e silencioso, no amencer desde último…gran día.
Manuel Brito
Manuel Brito naceu en Santarem, onde vive e traballa. En 2014 obtivo o seu grao en Música (especialidade Jazz). Cineasta autodidacta, actualmente traballa en varios proxectos independientes, entre os que destaca unha adaptación de Casa de bonecas de Henrik Ibsen.
A NENA AZUL
Sandra Sánchez
España
2018 | 21'
Sira, unha nena de oito anos, filla dun percebeiro furtivo da Costa da Morte, fuxe da escola logo dunha pelexa e refúxiase nunha solitaria praia, en busca de seu pai. Alí ten un misterioso encontro con alguén que parece ser o seu propio espello.
Sandra Sánchez
Sandra Sánchez, (Narón, 1970), ten unha traxectoria extensa como directora, montadora, e guionista. En 2011 estreou Tralas luces, un proxecto moi persoal no que traballou durante catro anos, e que foi estreado na sección de novos directores do Festival de San Sebastián. Posteriormente, continuou traballando como montadora en diversas producións. Tamén dirixiu as curtametraxes Matías (2016), e A nena azul (2018), filme este último que está iniciando o seu percorrido en festivais.
💛EDU💜ME💚GUSTA🧡2018💙
Eduardo Fernández
España
2018 | 3'
As cidades evolucionaron cara a un modelo onde as persoas cada vez teñen menos espazo. Isto, unido á desaparición da arte pública, contribue a xerar os “non-lugares” (vixilancia, seguridade privada, urbanismo de tránsito…), unha forma de psicoxeografía, froito do pensamento reaccionario, e que contribúe a perpetuar a hexemonía da exclusión social.
Eduardo Fernández
Eduardo Fernández centra o seu traballo artístico na identidade e na performance. Séntese cómodo empregando medios coma a música, o video ou a escritura buscando linguaxes híbridas. A súa obra foi exhibida en museos e galerías, premiada en importantes concursos e estudada na contorna académica. Actuou en varias ocasións en televisión e outros espectáculos.