O CORDEIRO DE DEUS
David Pinheiro Vicente
Portugal
2020
15’
As festas de verán dun pobo portugués están impregnadas de sensualidade e violencia neste enigmático retrato dunha familia moi unida.
Autor: David Pinheiro Vicente
Naceu nas Illas Azores e estudou Cine e Estética en Lisboa. Traballou como director de arte de varias curtametraxes e series de televisión e como axudante da directora Salomé Lamas. Foi designado coma un dos 10 xoves cineastas emerxentes pola Academia de Cinema Europeo e un dos Dez Novos Cineastas para seguir pola European Film Promotion.
ELO
Alexandra Ramires
Portugal, Francia
2020
11’
Baixo un sol sombrío, duas personaxes buscan unha adaptación.
Autor: Alexandra Ramires
Tras licenciarse en Belas Artes en Lisboa, tivo o seu primeiro contacto co cinema de animación en 2009 na produtora Sardinha em Lata. En 2013, trasladouse a Porto para traballar nos estudios de animación da produtora Bando à Parte. É socia fundadora da Cooperativa BAP onde actualmente desenvolve traballo individual e colectivo. Água Mole (2017) é a súa primeira película, codirixida con Laura Gonçalves. Elo é o seu debut coma directora en solitario.
AGUAS ABISAIS
Xacio Baño
España
2020
25’
Acéndese unha luz. Son escorregadizos e difíciles de ver. Viven onde ninguén vive. Alá. No fondo.
Autor: Xacio Baño
Nado en Xove (Lugo) en 1983, estudou cinema na Universidade de León. Produciu, escribiu e dirixiu varias curtametraxes entre as que destacan Ser e voltar (2014), Estereoscopía (2011) e Anacos (2012), presentes en numerosos festivais nacionais e internacionais. Trote, a súa primeira longametraxe, estreouse no festival de Locarno en 2018
OS CORPOS
Eloy Domínguez Serén
España
2020
11’
Na provincia de Ourense festéxase cada ano unha das formas máis antigas do Entroido. Folións, corredoiros e baixadas con felos, cigarróns, pantallas e peliqueiros, personaxes que visten espectaculares traxes, que inclúen vistosas máscaras e un cinto do que penduran grandes e sonoros cencerros, e que corren polo pobo golpeando aos visitantes con fustas.
Autor: Eloy Domínguez Serén
Nado en Simes (Pontevedra) en 1985, graduose en 2010 na Universitat Autònoma de Barcelona. Antes de comenzar a súa carreira coma cineasta, traballou coma crítico de cinema en radio e prensa escrita e foi cofundador e codiretor da revista A Cuarta Parede.