La poesía solo muere cuando termina
Adelaida Lamas
España
2017 | 14'
Beatriz está deprimida pero non o sabe. Como cada fin de semana, está de festa coa súa amiga Laura, pero hoxe pásalle algo, una estraña revelación faille crer que algo mudou.
Adelaida Lamas
Adelaida Lamas (Verín, 1980) é unha directora galega que vive en Barcelona. Licenciada en Psicoloxía pola Universidade Autónoma de Barcelona, Mestrado en Comunicación Audiovisual e Interactiva pola Universidade de Barcelona e Mestrado en Dirección Cinematográfica pola Escola Superior de Cine de Cataluña. Actualmente está a traballar no guión da súa primeira longametraxe mentres prepara a promoción da súa primeira curta en festivais de cine.
Como Fernando Pessoa salvou Portugal
Eugène Green
Portugal/Francia/Bélxica
2018 | 27'
Durante os anos 20, a petición dun dos seus empregados, Fernando Pessoa concibe un eslogan publicitario para a bebida Coca-Louca, que aterroriza ao goberno autoritario daquela época.
Eugène Green
Eugène Green naceu en Norteamérica. Escritor e publicista. A súa primeira película, Toutes les nuits, brindoulle o premio “Louis Delluc”.
CÓMO DESAPARECER
Carlos Martínez-Peñalver Mas
España
2018 | 6'
Joel decide marchar cara a un territorio descoñecido, deixando ao seu paso como única pista unhas bobinas de 16 mm. Unha mensaxe encriptada onde se entrevé unha viaxe sobre o desapego e a busca dunha nova ligazón á natureza.
Carlos Martínez-Peñalver Mas
Carlos Martínez-Peñalver Mas (Vigo, 1991) é director e montador de cine. Debutou dirixindo videoclips para bandas underground e actualmente desenvolve gran parte do seu traballo no campo da ficción, explorando novas narrativas a través do contacto entre a imaxe dixital e o celuloide.
Narahío
Ángel Rueda
España
2018 | 13'
Nas paisaxes de San Sadurniño resoa o eco dos que os habitaron. Performance visual, conformada por un díptico no que se establecían relacións dialécticas entre o presente e o pasado, as texturas fotoquímicas e dixitais, reflexo da esencia do que fomos e somos.
Ángel Rueda
Ángel Rueda é investigador, programador e cineasta. Fundador e director do (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico de A Coruña. Na súa traxectoria como cineasta destacan mais dunha vintena de obras con metraxe atopado (found footage), nas que explora a re-montaxe ou o cine perfomativo, como Bendita rúa (2005), O ceo do Super 8 (2007) ou a longametraxe 50 anos no andamio (2008).
A RIVER THROUGH THE MOUNTAINS/RIO ENTRE AS MONTANHAS
José Magro
Portugal
2018 | 9' 50''
Ao igual que unha persoa nova que comeza a amar, un río ten que atopar o seu camiño a través das montañas.
José Magro
José Magro traballou como director de fotografía, produtor, guionista e segundo asistente de dirección. Como director gañou dous premios á mellor película conCombustion of Pigs e The Journey, as súas primeiras curtas de ficción.