8, 9 e 10 de decembro / 17:00

Hai case vinte anos que este Mestrado se dedica a explorar, xunto cos alumnos que pasaron por el, as posibilidades do cinema do real. De aí a relevancia que ten a súa aposta por unha reflexión teórica profunda que alimente a vertente práctica do curso.
O resultado pódese apreciar en máis de 100 producións, entre curtas, webdocs, documentais VR 360º e algunas longametraxes. Esta selección inclúe clásicos como De función ou Lo que tú dices que soy e traballos máis recentes como Campanya ou Cabeza de Orquídea.
Sesión 1. Clásicos de onte e de hoxe. 84 minutos / 8 de decembro / 17:00 / Auditorio
Lo que tú dices que soy (Virginia García del Pino) 28 minutos
Me llamo Peng (Victoria Molina, Jahel Guerra) 28 minutos
De función (Jorge Tur) 28 minutos
Sesión 2. As penas con video son menos penas. 103 min / 9 de decembro / 17:00 / Salón de Actos da Casa da Cultura
Ja tornes a gravar (Francina Verdés, 30 minutos)
La ciutat tipogràfica (Aitor Gametxo, Igone Arreitunandia, 26 minutos)
Hijos de Sansón (Eloy Domínguez Serén, 26 min)
Cabeza de orquídea (Violeta Blasco, Germán López, Carlotta Napolitano, Angélica Sánchez, Claudia Zegarra, 21 min)
Sesión 3. No murmurio cócense as palabras. 95 min / 10 de decembro / 17:00 / Auditorio
Yo confieso (Adriana Molas, 9 minutos)
Out (Joan Antúnez, 17 min)
Área de descanso (Colectivo Hola Cariño, 20 min)
Campanya (Andrés Alonso, Catarina Brites Soares, Alejandro Cabrera, Lara Curto, Damián Depetris, 28 min)
La fuga de los 45 (Cristina Caamaño, 21 min)
Participante
Jorge Tur: Coordinador do Mestrado. Director de documentais, actividade que compaxina co seu traballo de coordinador xeral e de titor no Mestrado en Teoría e Práctica do Documental Creativo da Universidade Autónoma de Barclona-UAB. Licenciado en Psicoloxía cunha mestría en Documental Creativo, dirixiu varios documentais que foron seleccionados e gañaron premios nalgúns dos festivais e centros máis prestixiosos do mundo, como Vila do Conde, Doclisboa, Visión du Réel, Dei Popoli, BAFIC, Sitges, Taiwan ou The Film Society of Lincoln Center.