logo fic 2022
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O festival
    • Categorías
    • Programa 2022
    • Catálogos
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Trofeos
    • Membros do xurado FIC 2022
    • Contacto
    • Equipo directivo
    • Laureles
  • Bases 2023
  • Inscrición
  • Galería
    • Galería 2022
    • Galería 2021
    • Galería 2020
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Voluntarios
  • Novas
  • ESES
  • GLGL
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O festival
    • Categorías
    • Programa 2022
    • Catálogos
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Trofeos
    • Membros do xurado FIC 2022
    • Contacto
    • Equipo directivo
    • Laureles
  • Bases 2023
  • Inscrición
  • Galería
    • Galería 2022
    • Galería 2021
    • Galería 2020
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Voluntarios
  • Novas
  • ESES
  • GLGL

Aumenta a asistencia ás proxeccións e ás actividades paralelas do FIC Vía XIV de Verín

11 Decembro, 2019

  • Un total de 1.240 persoas fronte ás 1.100 do ano pasado visionaron algún dos bloques de curtas que participaron no concurso oficial deste ano
  • Xunto a isto, 564 persoas –164 máis que o ano pasado– participaron nas actividades paralelas propostas ao abeiro do certame
  • Tamén aumentou lixeiramente, en relación a 2018, o número de escolares que participaron na iniciativa “Cinema Marabillas”, dirixida aos cativos

Verín, 11 de decembro de 2019.– O Festival Internacional de Curtas de Verín, FIC Vía XIV, pechou a súa cuarta edición “cun balance positivo” en termos de público e convocatoria, tal e como sinala o seu director, Carlos Montero. Logo de analizar as cifras de asistencia e participación, Montero destaca que se aumentou o número de persoas que acudiu a algunha das proxeccións dentro do concurso oficial, tanto no Auditorio coma na Casa de Cultura. “Fronte a cifra de 1.100 asistentes do ano pasado, neste 2019 o cómputo global indica que foron 1.240 as persoas que visionaron algún dos bloques de curtas”, enfatiza Montero.

Tamén subiu a cifra de participación nas diversas actividades paralelas deseñadas ao abeiro do certame e que, durante toda a semana pasada, dinamizaron culturalmente Verín. “Nesta ocasión foron 564 os participantes nestas actividades, fronte aos 400 de 2018”, destacou Montero quen, ademais, puxo en valor “o especial interese suscitado pola actividade Cámara e Batuta”.

Continuidade futura

O balance final de datos evidencia tamén un lixeiro aumento dos cativos que participaron na actividade dirixida a escolares, que este ano estivo centrada na ligazón entre o cinema e a literatura infantil e xuvenil. “Foron 840 nenos e nenas, 40 máis que o ano pasado, os que tomaron parte na iniciativa”.

En total, remata Montero, ao longo de toda a semana participaron no FIC Vía XIV algo máis de 3.300 persoas, “unha cifra que evidencia o interese que suscita o evento e que convida a pensar na súa continuidade futura”.

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *