- A curtametraxe “Places”, de Claudia Barral Magaz Premio do Xurado á Mellor Curtametraxe da Categoría Oficial Outra Mirada.
- A curametraxe “Los que no sienten” de Alba Carnero, Carlota Mojica, Marta Porto e Débora Vargas Premio do Xurado a Mellor Curtametraxe da Categoría Horizontes.
- A curtametraxe “16 de diciembre” de Álvaro Gago, Premio do Xurado á Mellor Curtometraxe da Categoría Oficial A Raia.
- A peza “The distance between us and the sky” de Kekatos Vasilis Premio do Xurado á Mellor Curtametraxe da Categoría Oficial Nova.
- “Santa Baia de Montes” de Sabela Souto Premio Especial do Público ao Mejor Cortometraje.
- “KIDS” de Michael Frei e Mario Von Rickemback Premio Camira da Crítica: Mención especial.
- “Leyenda dorada” Ion de Sosa e Chema García Ibarra, Premio NUMAX á Exhibición da Mellor Curtametraxe de menos de 10 minutos.
- O xurado outorgou mencións especiais a “Encarnados”, de Tono Arias; “Suc de Síndria” de Irene Moray e a “Salam” de Claire Fowler.

Verín, 07 de decembro de 2018.-O Festival Internacional de Curtas de Verín, FIC Vía XIV, pecha a súa cuarta edición tras unha semana na que se proxectou unha programación “de grandísima calidade”, tal e coma sinalou o director do certame, Carlos Montero, na gala de clausura celebrada esta noite no Auditorio de Verín. “Que acertamos coa nosa programación é un feito incontestable”, manifestou Montero e engadiu que “moitas das pezas exhibidas este ano recibiron premios a nivel nacional e internacional”. “Este ano tivemos na programación, ademais, dúas obras nominadas aos Goya 2020 e incluso estivo entre nós un dos directores nominados David Fidalgo”, abundou.
Montero salientou que “vender Verín” e reforzar o atractivo da nosa comarca é un obxectivo irrenunciable para a organización da certame”. “Nesta viaxe contamos co apoio de entidades, organizaciónns e empresas, así como co de moitos axentes sociais e coa poboación da vila”, manifestou Montero.
Un traballo feito en equipo
O director do Festival quixo poñer en valor a labor dos profesionais e voluntarios que colaboran no FIC, e cuxo traballo o fai posible. “Moitos de estos profesionais son orixinarios desta terra e están comprometidos co desenvolvemento dunha axenda cultural que sexa un orguio para Verín”. No FIC Vía XIV é un traballo en equipo”, postillou Montero.
En nome do concello de Verín, o alcalde Gerardo Seoane sinalou que “xa podemos lembrar parte da nosa biografía recente grazas ao FIC. En Verín, estamos orguiosos de contemplar a madurez do noso quimérico museo de formas este Festival Internacional de Curtas Vía XIV que este ano chegou a súa cuarta edición”.
Relación de premiados
Durante o acto, desvelouse o nome das curtas premiadas dentro de cada unha das catro categorías do festival (Nova, Outra Mirada, Horizontes e A Raia). As curtas gañadoras nestes catro apartados foron escollidas por un xurado conformado por Nora Sola, Raquel Anido, Neves Rodríguez e Claudia Expósito. Xunto a isto, entregouse o Premio Especial do Público e un Premio (Camira) da Crítica, ademais do Premio NUMAX á exhibiación da Mellor Curtametraxe de menos de 10 minutos.
Ésta á a listaxe de gañadores:
- “Places”, de Claudia Barral Magaz Premio del Jurado á Mellor Curtametraxe daa Categoría Oficial Outra Mirada
- “Los que no sienten” de Alba Carnero, Carlota Mojica, Marta Porto e Débora Vargas Premio do Xurado á Mellor Curtametraxe da Categoría Horizonte
- “16 de diciembre” de Álvaro Gago, Premio do Xurado al Mejor Cortometraje de la Categoría Oficial A Raia
- pieza “The distance between us and the sky” de Kekatos Vasilis Premio del Jurado al Mejor Cortometraje de la Categoría Oficial Nova
- “Santa Baia de Montes” de Sabela Souto Premio Especial do Público ao Mejor Cortometraje.
- “KIDS” de Michael Frei e Mario Von Rickemback Premio Camira de la Crítica: Mención especial
- “Leyenda dorada” Ion de Sosa e Chema García Ibarra, Premio NUMAX á Exhibición da Mellor Curtametraxe de menos de 10 minutos.
Finalmente, no FIC Vía XIV 2019 outorgáronse mencións especiais ás seguintes curtas:
“Encarnados” de Tono Arias (Categoría Outra Mirada)
“Suc de Síndria” de Irene Moray (Categoría Nova)
“ Salam” de Claire Fowler (Categoría Horizontes)
Deixa unha resposta