A programación completa da vindeira edición do foro, que arrinca o 8 de setembro, foi presentada esta mañá en rolda de prensa polo alcalde de Verín, Gerardo Seoane; a concelleira de Cultura do municipio, Samanta Barreira; o vicepresidente segundo da Deputación Provincial de Ourense, César Fernández; ... [ + ]
O Festival Internacional de Curtametraxes de Verín incluirá por vez primeira unha categoría infantil como nova sección oficial
A cativada da comarca poderá desfrutar do visionado de catro curtas, programadas especialmente para eles e elas, durante a mañá do xoves 14 de setembro A narradora oral Raquel Queizás dirixirá, ademais, nesa mesma mañá unha actividade dirixida aos máis pequenos co obxectivo de familiarizalos "coa ... [ + ]
Actividades gastronómicas, musicais e un podcast propio complementan a axenda paralela do FIC de Verín, que continúa perfilándose
Carlos Montero, director do festival, confirma o incremento de accións que se desenvolverán ao abeiro do certame este ano para convertelo "nun verdadeiro contedor cultural" O Auditorio de Verín tamén acollerá na semana do festival un pase de exhibición da curta Enferma, protagonizada polo actor Toni ... [ + ]
Un concurso de pintura para artistas gráficos maiores de 16 anos, unha das actividades paralelas máis novidosas desta edición do Festival de Curtas de Verín
Os participantes poderán ser profesionais ou amateurs e deberán pintar durante catro horas unha escena ben recoñecida dun filme que escollan previamente Establecerase un premio profesional outorgado por un xurado de expertos e un segundo premio do público A Asociación Cultural Vía XIV, ... [ + ]
O Festival de Curtas de Verín promoverá iniciativas formativas orientadas a profesionais que queiran mellorar as súas competencias en diferentes disciplinas ligadas ao ámbito audiovisual
Esta axenda de actividades tamén se dirixe a un público amateur interesado en afondar en coñecementos sobre a cinematografía e os seus campos afíns A organización do FIC Vía XIV propón para este 2023 unha serie de actividades formativas dirixidas principalmente a profesionais que desenvolvan a súa ... [ + ]
O FIC Vía XIV de Verín enriquecerá este ano a súa programación exhibindo traballos do Curtas-Festival do Imaxinario de Vilagarcía
O certame arousán será neste 2023 o convidado pola organización do foro cinematográfico de Verín Como cada ano, a organización do FIC Vía XIV de Verín selecciona un festival cinematográfico para renderlle homenaxe no marco da súa programación e intercambiar experiencias cos seus responsables ao ... [ + ]
O cartel ilustrador do FIC 2023 pon en valor a imaxinación e a liberdade de pensamento, cun estilo retrofuturista e unha estética moi chamativa visualmente
O FIC 2023, que se celebrará na vila do Támega entre o 8 e o 17 de setembro, xa conta con cartel ilustrador. Un traballo cuxa idea conceptual parte de Jorge Godás, responsable de Creatividade e Multimedia do certame, que foi realizada pola axencia coruñesa The Office. Inspirada na película ... [ + ]
O tecido empresarial e comercial de Verín volve implicarse activamente no desenvolvemento do FIC Vía XIV
Os establecementos adheridos a Aever sortearán entradas para o espectáculo que Pepe Viyuela ofrecerá no Auditorio o vindeiro 9 de setembro En paralelo, a asociación porá en marcha un ano máis un concurso para premiar aqueles negocios que mellor decoren os seus escaparates con motivos de ... [ + ]
O FIC estrea imaxe corporativa para adaptala aos tempos actuais e á anovada filosofía do certame como espazo cultural permanente dentro da vila de Verín
A organización do festival presentou hoxe a nova identidade gráfica do foro, que será aplicada en todos os seus soportes e canles visuais, documentais e de comunicación Cunha composición que aposta pola simetría e transmite un maior dinamismo, a nova imaxe do FIC Vía XIV de Verín conceptualiza ... [ + ]
Humor absurdo e cinema para a reflexión serán os eixos sobre os que se vertebre a visita de Pepe Viyuela ao FIC de Verín
Como actividade inaugural do festival, proxectarase o documental "Un viaje hacia nosotros", un traballo con tintes biográficos guionizado polo propio Viyuela e dirixido por Luis Cintora En Verín, o actor ofrecerá ademais un pase do seu aclamado espectáculo "Encerrona" Viyuela visitará ... [ + ]