FIC Vía XIV Logo
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O festival
    • Categorías
    • Catálogos
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Cobertura mediática
      • Informe de cobertura 2019
      • Informe de cobertura 2018
      • Hitos FIC 2018
      • Hitos FIC 2019
    • Trofeos
      • Premio Especial do Público
      • Outros galardóns
    • Contacto
    • Equipo directivo
    • Laureles
    • Equipo de traballo
    • Agradecementos
    • Patrocinadores e colaboradores
  • Bases
  • Inscrición
  • Galería
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Voluntarios
  • Novas
  • GLGL
  • ESES

Cinema marabillas para cativos e cativas no FIC Vía XIV de Verín

25 Novembro, 2019

  • Como cada ano, a Dirección do Festival articula unha axenda de actividades específica dirixida aos máis pequenos da comarca
  • Nesta edición, o fío condutor da iniciativa será a relación entre o cine e a literatura infantil e xuvenil

Verín, 25 de novembro de 2019.- “Ver para ler” é o eslogan co que se presenta a actividade Cinema Marabillas, que o FIC Vía XIV desenvolve da man da contacontos Raquel Queizás para achegar a maxia do cinema aos cativos e cativas de Verín e comarca. Como cada ano, escolares de diversos centros educativos da zona achegaranse ata o recinto do auditorio da vila para desfrutar dunha axenda de actividades deseñada especificamente para eles “con agarimo e co obxecto de que poidan gozar dela todos xuntos”, sinala o director do certame, Carlos Montero.

Nesta edición, o fío temático da actividade proposta, que se desenvolverá durante as mañás dos días 2, 3 e 4 de decembro, ligará o cine coa literatura infantil e xuvenil. Así, no marco do Festival programaranse algunhas das “primeiras adaptacións cinematográficas inspiradas nos contos e libros clásicos”, abunda Montero.

Historias que poden ser contadas de distintos xeitos

O obxectivo é facer ver aos máis pequenos que as diferentes historias que coñecen poden contarse de diversos xeitos.  Ao fío desta actividade, non faltarán a aventura, o misterio, a tenrura, os risos, a maxia, a fantasía e sobre todo moita imaxinación porque, como sinala o director do FIC Vía XIV, “a literatura ten sido e sempre será unha gran fonte de inspiración para o cine”.

Os protagonistas da actividade son personaxes ben coñecidas para todos os nenos e nenas, que teñen centrado algunhas das máis belas historias narradas no cine: Alicía no País das Marabillas, Peter Pan ou O Mago de Oz. Son todos eles cativos que reflexionan sobre o mundo no que viven. “Son fortes, sensatos e pensan por si mesmos. Reflicten as etapas evolutivas dos espectadores máis cativos e poden axudar a formar o seu pensamento crítico”, engade Montero.

Os cativos e cativas que participen na iniciativa poderán desfrutar tamén dunha mostra de curtas, aptas para todas as idades, seleccionadas pola organización do FIC Vía XIV.

cinema marabillas

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Organiza

Vía XIV Festival Internacional de Curtas de Verín

Correo electrónico: info@ficviaxiv.com

Teléfono: 638 077 282

Política de privacidade / Aviso legal / Cookies