
Produtora e directora artística de orixe cubana, Claudia Expósito, é a encargada de realizar a escolma de curtas que se exhibirán en Verín no marco da Retrospectiva de Cinema Cubano Actual, actividade paralela ao FIC Vía XIV 2019.. Expósito ten participado, dende o ano 1993, nuns 150 espectáculos musicais, festivais, eventos e proxectos audiovisuais. Xunto a isto creou e produciu varios espazos artísticos culturais como Xogo de Malabares, Puntal Alto ou A Guitarra Limpa, entre outras.