Bases de participación no Concurso de Carteis para o FIC Vía XIV 2018 de Verín
O Festival Internacional de Curtametraxes Vía XIV de Verín convoca o concurso para a realización do cartel que constituirá a imaxe da súa III edición.
Bases:
- Poderán participar autores de calquera nacionalidade. A participación está aberta a todas aquelas persoas que desexen tomar parte na iniciativa, procedan ou non do ámbito artístico.
- O tema será de libre elección. Poderá ser de composición pictórica, fotográfica ou dixital. O Xurado valorará a plasmación da idiosincrasia do FIC Vía XIV.
- Admitiranse a este concurso soamente obras inéditas e que non fosen presentadas a outros festivais.
- Cada participante poderá presentar un máximo de dúas propostas distintas.
- Os orixinais deberán presentarse coas seguintes características:
- Tamaño orixinal en A3+ en posición vertical (329mm x 483mm).
- Impresos e montados en cartón-pluma.
- O último quinto deberá quedar limpo, para a posterior implementación daqueles logotipos que considere necesarios a Organización do Festival.
- Deberán figurar os seguintes textos:
VÍA XIV FESTIVAL INTERNACIONAL DE CURTAS DE VERÍN
III EDICIÓN
- Aqueles participantes que queiran utilizar o logotipo e/ou as tipografías oficiais do FIC Vía XIV para a súa proposta de cartel, poderán descargalos na web do Festival (http://ficviaxiv.com/concursocartel).
- O prazo de presentación de orixinais esténdese ata o 20 de Setembro de 2018
- Os orixinais a concurso deberán ser enviados ó Concello de Verín, onde quedará constancia en rexistro da data de recepción dos mesmos. Deberán enviarse ao seguinte enderezo:
A/A Carlos Montero Zorrilla, Director do FIC Vía XIV de Verín.
Concello de Verín Praza do Concello nº1.
32.600 Verín (Ourense)
- Os orixinais deben enviarse nun paquete cerrado, montados en cartón pluma. No interior do paquete deberá incluírse outro sobre coa plica pregada na parte traseira do orixinal, que conteña os seguintes datos: nome, DNI, teléfono, email, declaración de obra orixinal e CD-Rom co arquivo orixinal. Tanto a parte posterior do cartel como no sobre da plica deberán levar impreso o título da obra, sen ningún datos máis.
Doutra banda, na parte exterior do paquete deberá incluirse o lema do cartel que opta a concurso.
- As obras que se presenten ó Concurso de Carteis para o FIC Vía XIV de Verín serán expostas dentro da programación da II Edición do Festival Internacional de Curtas Vía XIV de Verín e/ou en calquera das súas actividades complementarias. Tamén poderán ser utilizadas en calquera dos medios de difusión que utilice o Festival. O Festival non pagará dereitos de exhibición das mesmas.
- No caso do gañador do Concurso de Carteis para o FIC Vía XIV de Verín, o creador (ou, no seu caso, o representante legal do mesmo) deberá enviar o orixinal en formato dixital, e calquera outro material que considere oportuno (Ex.: Making off) para a súa utilización nas publicacións do Festival, en calquera dos medios utilizados. Deberá, ademais, autorizar a utilización do mesmo para a difusión do Festival e da propia obra.
- CARTEL PREMIADO: o autor do cartel premiado deberá facilitar os elementos, tipografías e arquivos necesarios a tamaño definitivo e 300 ppp. Se fosen de imaxe dixital, por capas. En caso de ser de orixe vectorial, aberto. Todo iso coa intención de poder adaptar a súa obra ós diferentes soportes, formatos e aplicacións necesarios para a promoción e difusión do certame.
- O Festival de Curtametraxes Vía XIV de Verín será o lexítimo propietario da obra premiada, e dos dereitos de explotación sobre a mesma.
- Establécese un premio único de 500€. O premio está suxeito ás retencións fiscais de cada país que por lei estean vixentes no momento no que se celebre o Festival, a mes de decembro de 2018.
- O Xurado estará formado por: o Alcalde mailo Tenente-Alcalde do Concello de Verín (ou en quen deleguen) e polo equipo directivo do FIC Vía XIV de Verín.
- A organización resérvase o dereito para editar estas bases e a participación nesta convocatoria implica a súa aceptación
- Calquera dúbida ou consulta ó respecto destas bases ou do propio Concurso de Carteis para o Festival Internacional de Curtametraxes Vía XIV de Verín, deberá facerse a través do correo: creatividade@ficviaxiv.com.