FIC Vía XIV Logo
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O festival
    • Categorías
    • Catálogos
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Cobertura mediática
      • Informe de cobertura 2019
      • Informe de cobertura 2018
      • Hitos FIC 2018
      • Hitos FIC 2019
    • Trofeos
      • Premio Especial do Público
      • Outros galardóns
    • Contacto
    • Equipo directivo
    • Laureles
    • Equipo de traballo
    • Agradecementos
    • Patrocinadores e colaboradores
  • Bases
  • Actividades paralelas 2020
    • Estrea de entroidar
    • Estrea de Hijas de Galicia, Macorinas
    • Música e cinema a cargo da Banda de Gaitas Nova Era
    • Festival Convidado: Play-Doc
    • Homenaxe a Luis Zahera
    • Frei Chitín
    • Proxección Caminos de Tierra
  • Galería
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Xurado FIC Vía XIV 2020
  • Programación
    • Selección oficial
      • Nova 1
      • Nova 2
      • Nova 3
      • A raia 1
      • A raia 2
      • Outra mirada 1
      • Horizontes 1
      • Horizontes 2
  • Voluntarios
  • Novas
  • GLGL
  • ESES

Entroidar

Entroidar Work in Progress

Entroidar é un documental que se asenta en tres piares fundamentais: as personaxes que fan posible o Entroido, os lugares nos que se fai e a propia celebración. O director deste proxecto, cuxo primeiro avance se vai presentar no decurso do FIC Vía XIV de Verín, é o santiagués Pablo Ces.

Tal e como salienta o director, este documental “busca tumbar mitos” e céntrase moi especificamente no Entroido de Laza. Neste municipio, o Entroido non só se estende durante cinco días senón que comeza a principios de cada ano, cando os chocos inician o ruxir pola contorna. 

O Entroido de Laza son os peliqueiros, pero tamén as formigas, as madamas, os maragatos... “Queremos ver como se transforman as persoas que están detrás das personaxes que se dan no Entroido”, destaca Ces.

O documental, que está en proceso de realización, non consiste só nunha recompilación de declaracións, senón que realiza un seguimento de diferentes referentes desta celebración e afonda nas súa vidas e no que significa o Entroido para elas e eles. A condución da historia no documental está a cargo dun “consello de sabios” que conversan entre si para esclarecer e narrar o acontecer dos feitos. 

Ademais de se presentar un avance do documental, no FIC Vía XIV haberá un debate sobre o mesmo e unha exposición no hall do Auditorio de Verín que levará por título “Descubrindo o Entroido de Laza”. 

Pablo Ces Marco

Nado en Santiago en 1978), o director de Entroidar é Enxeñeiro Técnico Informático de Sistemas e Licenciado en Comunicación Audiovisual. Nos seus comezos no mundo audiovisual foi axudante de produción en varios proxectos, operador de cámara e responsable de edición en MrMisto Films. Durante o ano 2011 foi prodctor e realizador de vídeos corporativos e publicitarios para Tv7. Dirixiu varios documentais, entre eles As silenciadas, premio Mestre Mateo 2011 ao Mellor Documental e Premio “Popular (Runner Up)” no Festival Internacional Online Humanity Explored entre outros (www.silenciadas.es), Torreiros (2012) e O eslabón perdido (2014), que foron seleccionados en más de 30 festivais nacionais e internacionales.

Organiza

Vía XIV Festival Internacional de Curtas de Verín

Correo electrónico: info@ficviaxiv.com

Teléfono: 638 077 282

Política de privacidade / Aviso legal / Cookies