Frei Chitín, unha personaxe singular do noso Entroido
Miguel Ángel Prieto Sotelo tense convertido, por méritos propios, nunha das
personaxes máis singulares do Entroido de Verín. Foi o encargado de pronunciar o
pregón inaugural na última edición da festa máis emblemática da vila.
Para reforzar o seu vínculo co Entroido, que é un dos eixos temáticos do FIC Vía XIV, a
organización do certame vai programar unha actividade paralela protagonizada pola
desternillante persoaxe creada por Prieto Sotelo: Frei Chitín.
Na tarde do luns, 7 de setembro, o Auditorio de Verín acollerá o espectáculo no que
Frei Chitín departirá co público, expoñerá elevadas doses de enxeño e humor e
amosará un documental propio, creado cun marcado carácter entroidero, que fará as
delicias dos asistentes.