
CONCURSO DE ESCAPARATES DE CINEMA VERÍN 2018
1.-PARTICIPACIÓN
Poderán participar todos os establecementos comerciais asociados a AEVER, previa inscrición.
2.- VALORACIÓN
O leit motiv que centra esta acción é o eido cinematográfico, que deberá ser o protagonista dos escaparates comerciais que opten aos premios. Deixarase total liberdade en canto á técnica e ao estilo, valorando estes tres criterios:
--creatividade e orixinalidade
--combinación de elementos e cores
--iluminación e composición
A valoración máxima por cada un destes criterios será de tres puntos e o mellor escaparate será aquel que posúa a máxima puntuación.
3.- INSCRICIÓNS
As inscricións formalizaranse mediante o boletín de inscrición que se editará ao efecto, debidamente asinado e haberá que realizalas a través da sede de AEVER (630354869). O prazo límite para inscribirse remata ás 14,30 horas do martes 27 de novembro. A inscrición no concurso leva implícita a aceptación destas bases.
4.- OBRIGAS
Os participantes deberán dispor os escaparates desde o mércores 28 de novembro ata o sábado 8 de decembro. Ademais, deberá estar visible o distintivo de participación no Concurso facilitado no momento da inscrición.
5.- XURADO E PREMIOS
O Concello de Verín designará os integrantes do xurado, composto por un membro do Concello e dous membros do xurado do FIC Vía XIV. O seu fallo será inapelable. O xurado visitará os escaparates seleccionados e outorgará premios aos tres primeiros (150 euros para o primeiro, 75 euros para o segundo e 50 euros para o terceiro). A relación de premiados farase pública durante o transcurso do Festival Internacional de Curtas de Verín, que se celebrará na vila ata o 9 de decembro. Os premios non poderán ser acumulables a un mesmo comercio.