FIC Vía XIV Logo
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O festival
    • Categorías
    • Catálogos
      • 2016
      • 2017
    • Bases
    • Membros do Xurado 2018
      • Xurado Premio Camira (Crítica)
    • Trofeos
      • Premio Especial do Público
      • Outros galardóns
    • Contacto
    • Equipo directivo
    • Equipo de traballo
    • Agradecementos
    • Sorteo
    • Patrocinadores e colaboradores
  • Palmarés
  • Programación
    • Achegas solidarias
    • Selección oficial
      • Nova 1
      • Nova 2
      • Nova 3
      • Nova 4
      • Nova 5
      • Outra mirada 1
      • Outra mirada 2
      • Horizontes 1
      • Horizontes 2
      • Horizontes 3
      • A raia 1
      • A raia 2
      • A raia 3
  • Galería
    • Galería 2016
    • Galería 2017
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Actividades paralelas
    • A memoria da raia
    • Animacam
    • Dereito e cinema
    • Cinema de historias
    • Unha achega a B´Tselem da man de Helen Yanovsky
    • Mar de Terra, unha visión do noso Entroido
    • O cinema de Morris: un actor galego de raza
    • Escaparates de cinema
    • Obradoiro de cinema 3D
    • Taller de cinema con realidade virtual
  • Novas
  • GLGL
  • ESES

Escaparates de cinema

escaparates-de-cine-090902

CONCURSO DE ESCAPARATES DE CINEMA VERÍN 2018

1.-PARTICIPACIÓN

Poderán participar todos os establecementos comerciais asociados a AEVER, previa inscrición.

2.- VALORACIÓN

O leit motiv que centra esta acción é o eido cinematográfico, que deberá ser o protagonista dos escaparates comerciais que opten aos premios. Deixarase total liberdade en canto á técnica e ao estilo, valorando estes tres criterios:

--creatividade e orixinalidade

--combinación de elementos e cores

--iluminación e composición

A valoración máxima por cada un destes criterios será de tres puntos e o mellor escaparate será aquel que posúa a máxima puntuación.

3.- INSCRICIÓNS

As inscricións formalizaranse mediante o boletín de inscrición que se editará ao efecto, debidamente asinado e haberá que realizalas a través da sede de AEVER (630354869). O prazo límite para inscribirse remata ás 14,30 horas do martes 27 de novembro. A inscrición no concurso leva implícita a aceptación destas bases.

4.- OBRIGAS

Os participantes deberán dispor os escaparates desde o mércores 28 de novembro ata o sábado 8 de decembro. Ademais, deberá estar visible o distintivo de participación no Concurso facilitado no momento da inscrición.

5.- XURADO E PREMIOS

O Concello de Verín designará os integrantes do xurado, composto por un membro do Concello e dous membros do xurado do FIC Vía XIV. O seu fallo será inapelable. O xurado visitará os escaparates seleccionados e outorgará premios aos tres primeiros (150 euros para o primeiro, 75 euros para o segundo e 50 euros para o terceiro).  A relación de premiados farase pública durante o transcurso do Festival Internacional de Curtas de Verín, que se celebrará na vila ata o 9 de decembro. Os premios non poderán ser acumulables a un mesmo comercio.

Organiza

Vía XIV Festival Internacional de Curtas de Verín

Correo electrónico: info@ficviaxiv.com

Teléfono: 638 077 282

Política de privacidade / Aviso legal / Cookies

Deseño web: Sendadixital