ANIKSHA
Vincent Toi
Canadá
2020
20’
Aniksha é unha xove da diáspora indomauriciana. Despois do seu matrimonio, concertado pola súa familia, atopa traballo nun centro de chamadas, unha industria en auxe en Mauricio. Alí atópase co seu enigmático supervisor e descobre un novo mundo de posibilidades. Aniksha está atrapada entre as súas tradicións e a modernidade.
Autor: Vincent Toi
Cineasta canadense nado en Mauricio. As súas películas exploran a complexidade das relacións humanas nas illas post-coloniais. A súa curtametraxe The Crying Conch (2017) estreouse na Berlinale e noutros trinta festivais. Toi gañou o premio ao Director Máis Prometedor no Festival de Vancouver en 2017.
LA ERMITAÑA
Anna Hanslik
España
2020
19’ 32"
Un intercambio, a través do ensaio fílmico, das experiencias de dúas persoas que viven illamentos totalmente diferentes: un voluntario e outro imposto. Como determina a soidade a nosa forma de observar e sentir o mundo que nos rodea?
Autor: Anna Hanslik
Nada en Francia, é licenciada en Antropoloxía na University College London (UCL), con cursos en antropoloxía visual e documental etnográfico e ten un Mestrado en Teoría e Práctica do Documental Creativo pola Universidade Autónoma de Barcelona. En 2019, realizou o seu primeiro proxecto audiovisual en Guatemala, unha serie de pequenas curtametraxes para unha organización involucrada coa asistencia na nutrición de nenos.
NHA MILA
Denise Fernandes
Portugal-Suiza
2020
18’ 30"
Tras 14 anos lonxe da súa terra natal, Salomé vese obrigada a regresar a Cabo Verde para ver ao seu irmán moribundo. Durante unha escala no aeroporto de Lisboa, Águeda, dona da limpeza, recoñece a Salomé como “Mila”, a súa amiga da infancia. Águeda convida a Salomé a sair do aeroporto e pasar a escala na súa casa, coas mulleres da súa familia.
Autor: Denise Fernandes
Nada en Lisboa en 1990, de pais caboverdianos, criouse no sur de Suíza. Licenciouse en Dirección e Produción Cinematográfica no Conservatorio Internacional de Ciencias Audiovisuais de Lugano (CISA) e despois estudou Dirección de CInema na Escola Internacional de Cine e TV de Cuba (EICTV). Actualmente, prepara a súa primeira longametraxe, Hanami, ambientada en Cabo Verde.