FIC Vía XIV Logo
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O festival
    • Categorías
    • Catálogos
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Cobertura mediática
      • Informe de cobertura 2019
      • Informe de cobertura 2018
      • Hitos FIC 2018
      • Hitos FIC 2019
    • Trofeos
      • Premio Especial do Público
      • Outros galardóns
    • Contacto
    • Equipo directivo
    • Laureles
    • Equipo de traballo
    • Agradecementos
    • Patrocinadores e colaboradores
  • Bases
  • Inscrición
  • Galería
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Voluntarios
  • Novas
  • GLGL
  • ESES

Mabel Rivera conquista ao público en Verín

6 Decembro, 2019

  • A actriz ferrolá foi homenaxeada pola Dirección do FIC Vía XIV nun acto que se celebrou esta tarde no Auditorio da vila
  • Os verinenses puideron desfrutar dunha selección de curtas da fimografía da gañadora do Goya por Mar Adentro

Verín, 06 de decembro de 2019.- A actriz de Ferrol Mabel Rivera, ben coñecida polo gran público grazas aos seus papeis en televisión e cinema, foi homenaxeada este ano pola Dirección do FIC Vía XIV de Verín, cun acto que se desenvolveu este serán no Auditorio da vila. Deste xeito, Rivera tomou o relevo de Antonio Durán “Morris”, a quen o Festival de Curtas de Verín rendeu homenaxe o ano pasado. Os verinenses que asistiron á homenaxe a Rivera puideron, ademais, desfrutar dunha selección de curtas da súa filmografía.

Deste xeito, en Verín proxectáronse, ao abeiro deste acto de homenaxe, as curtas Ato San Nen, de Pedro Collantes; Muero por volver, de Javier Marco; Dantzariak (Bailarines), de Axier  Salazar e Anacos, de Xacio Baño. En todas ela participa, como actriz principal, a gañadora do Goya 2005 á mellor actriz de reparto por Mar Adentro.

Apoio ao FIC Vía XIV

A actriz afirmou sentirse moi agradecida pola homenaxe, e expresou o seu apoio ao FIC Vía XIV de Verín, como proposta e espazo cultural que tenta achegar as novidades e tendencias cinematográficas a unha parte da poboación que, polo seu emprazamento periférico, ten menos opcións de ocio e lecer que os habitantes das urbes.

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Organiza

Vía XIV Festival Internacional de Curtas de Verín

Correo electrónico: info@ficviaxiv.com

Teléfono: 638 077 282

Política de privacidade / Aviso legal / Cookies