FIC Vía XIV Logo
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O festival
    • Categorías
    • Catálogos
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Cobertura mediática
      • Informe de cobertura 2019
      • Informe de cobertura 2018
      • Hitos FIC 2018
      • Hitos FIC 2019
    • Trofeos
      • Premio Especial do Público
      • Outros galardóns
    • Contacto
    • Equipo directivo
    • Laureles
    • Equipo de traballo
    • Agradecementos
    • SPOT 2021
  • Patrocinadores
  • Bases 2022
  • Actividades paralelas
    • Festival convidado: Galician Freaky Film Festival
    • Proxección de Mauthausen, regreso ao campo da morte
    • Sopa Cómica
  • Galería
    • Galería 2021
    • Galería 2020
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Programación
    • A RAIA
    • NOVA
    • HORIZONTES
  • Novas
  • ESES
  • GLGL
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O festival
    • Categorías
    • Catálogos
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Cobertura mediática
      • Informe de cobertura 2019
      • Informe de cobertura 2018
      • Hitos FIC 2018
      • Hitos FIC 2019
    • Trofeos
      • Premio Especial do Público
      • Outros galardóns
    • Contacto
    • Equipo directivo
    • Laureles
    • Equipo de traballo
    • Agradecementos
    • SPOT 2021
  • Patrocinadores
  • Bases 2022
  • Actividades paralelas
    • Festival convidado: Galician Freaky Film Festival
    • Proxección de Mauthausen, regreso ao campo da morte
    • Sopa Cómica
  • Galería
    • Galería 2021
    • Galería 2020
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Programación
    • A RAIA
    • NOVA
    • HORIZONTES
  • Novas
  • ESES
  • GLGL

Máis de 2.800 persoas participaron no II Festival Internacional de Curtas Vía XIV de Verín, que deixou un retorno económico directo na vila superior aos 30.000 euros

30 Maio, 2018

  • O valor da comunicación xerada arredor do certame ascende a case 250.000 euros
  • Moitas das cintas exhibidas en Verín obtiveron logo relevantes galardóns e distincións en diferentes convocatorias de premios

 

Verín, 30 de maio de 2018.- A II edición do Festival Internacional de Curtas Vía XIV, celebrada entre os días 1 e 9 de decembro do ano pasado en Verín, deixou un retorno económico directo para a vila cifrado en 30.515 euros. A esta cantidade hai que sumar o valor dos intanxibles que contribúen a fortalecer a marca Verín. Entre eles, tal e como salienta o director do certame, Carlos Montero, destaca o da comunicación xerada en torno ao evento, que ascende a 247.500 euros (o que valería unha campaña de publicidade en termos equivalentes). Pola súa banda, Emilia Somoza, concelleira de Cultura de Verín destaca “que o festival sitúase no epicentro da intensa programación cultural que o Concello ten desenvolvido ao longo dos últimos tres anos; unha axenda con carácter estable, que contribúe á dinamización da vila”.

Os responsables do FIC Vía XIV séntense moi satisfeitos coa elevada participación rexistrada, xa que o festival foi capaz de mobilizar a 2.800 persoas na vila durante os seus nove días de duración. Delas, un total de 879 visionaron algunha das proxeccións do festival, un total de 321 participaron na gala inaugural e 395 no acto de clausura. Tamén destaca pola súa relevancia o número de cativos que tomaron parte nas actividades paralelas ao evento (670).

Ademais da notable presenza de público, “conseguiuse plenamente o obxectivo de afianzar a internacionalización do certame”, apunta Montero. Neste sentido, o director do Festival de Curtas de Verín pon en valor que das 39 curtas de cinco países diferentes seleccionadas a concurso na primeira edición do certame, pasouse a 57 pezas de 21 países diferentes na edición de 2017. Ademais, no último FIC Vía XIV houbo tres estreas mundiais, cinco estreas internacionais, tres estreas europeas, 11 estreas españolas e 26 estreas galegas.

Numerosos premios

Por outra banda, varias das curtas programadas no último FIC Vía XIV obtiveron con posterioridade ao seu pase por Verín diferentes galardóns e recoñecementos en diversas convocatorias de premios e certames a nivel nacional e internacional.

Así, por exemplo, Matria de Álvaro Gago ergueuse co Gran Premio do Xurado en Sundance; Flores, de Jorge Jácome, levou o Gran Premio á Mellor Película en Punto de Vista e foi seleccionada en San Sebastián, Toronto e no New York Film Festival.

Los Desheredados, de Laura Ferrés, gañou o Goya á Mellor Curta Documental e recibiu ducias de premios en festivais de todo o mundo. Galatea al infinito, de Ambra Reijnen, foi seleccionada en Hot Docs de Canadá e en Cartaxena de Indias, ademais de exhibirse no Museo Reina Sofía. E, finalmente, Copa Loca de Christos Massals seleccionouse para os European Film Awards e foi proxectada no MoMA.

Xunto a isto, o director Marcelo Martinessi, cuxo traballo puido verse en Verín, recibiu o Oso de Prata en Berlín e o traballo Jacques Perconte, outro dos directores con presenza no FIC Vía XIV, foi seleccionado para ser exhibido no International Film Festival de Rotterdam.

 

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vía XIV Festival Internacional de Curtas de Verín

Correo electrónico: info@ficviaxiv.com

Teléfono: 638 077 282

Política de privacidade / Aviso legal / Cookies