
No seu afán por ligar música e cinema, o FIC Vía XIV programa unha actividade paralela a cargo do Caspervek Trío, unha agrupación formada polo pianista Brais González, por Tonio Comesaña a cargo do clarinete e por Laura Lorenzo (frauta). O aceno de identidade deste grupo é sempre o do respecto polos filmes que musicalizan utilizando elementos do jazz clásico, a musica contemporánea, o folk ou a electrónica. O Trío musicalizará o filme clásico, O maquinista da xeral, feito en 1926 por Buster Keaton.