
Xornalista, empresaria e directora de sete edicións do Festival Internacional de Cine Independente de Ourense, Nora Sola é unha profesional que estivo toda a súa vida vinculada aos medios de comunicación. Posúe unha ampla experiencia en prensa, radio e televisión que abarca todos os campos, desde a produción ata a dirección en todos e cada un dos seus proxectos. Na actualidade e tras a súa xubilación é colaboradora habitual en diferentes programas de radio e televisión, coordinadora do Club de Lectura e do Grupo de Teatro Leido Berenguela, así como vicepresidenta provincial de Cruz Vermella Española.