FIC Vía XIV Logo
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O festival
    • Categorías
    • Catálogos
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Cobertura mediática
      • Informe de cobertura 2019
      • Informe de cobertura 2018
      • Hitos FIC 2018
      • Hitos FIC 2019
    • Trofeos
      • Premio Especial do Público
      • Outros galardóns
    • Contacto
    • Equipo directivo
    • Laureles
    • Equipo de traballo
    • Agradecementos
    • Patrocinadores e colaboradores
  • Bases
  • Inscrición
  • Galería
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Voluntarios
  • Novas
  • GLGL
  • ESES

O artesán verinés Gerardo Fernández é o autor do Premio do Público do FIC Verín 2020

13 Agosto, 2020

  • O deseño recrea unha bicicleta e unha cámara e pretende honrar a memoria do seu fillo Gerardo Fernández Pousada, “Geri”, finado hai tres anos

Verín, 13 de agosto de 2020.- Gerardo Fernández, artesán de Verín, foi o encargado de deseñar o Premio do Público que se vai entregar no decurso do FIC Vía XIV 2020, que se celebrará na vila do Támega entre o 5 e o 13 de setembro. O ebanista e escultor quere, con este deseño, honrar a memoria do seu fillo Gerardo Fernández Pousada, “Geri”, finado hai tres anos, xunto ao cal creou a emblemática firma Ciclowood. Unha empresa que se adicou a producir bicicletas de madeira de xeito artesanal, con moita demanda en todo o mundo.

O deseño deste premio recrea unha bicicleta e unha cámara para “evocar o cinema” e, ao mesmo, tempo render tributo ao seu fillo “coa recreación dun elemento que el levaba moi dentro”. Para o autor do Premio do Público, “o FIC e Ciclowood comparten un grande elemento común: quixeron e queren levar o nome de Verín a todos os cantos do mundo, o máis lonxe posible”.

Humildade e agradecemento

Gerardo Fernández sinala que está seguro de que o seu fillo tería aplaudido enormemente a iniciativa de deseñar este premio e teríao feito “con humildade e agradecemento, porque eran dúas das súas características máis significativas”.

O Premio do Público e outorgado cada ano polos asistentes ás diversas sesións do FIC Vía XIV que, coas súas puntuacións, valoran cal é a curta merecente deste galardón.

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Organiza

Vía XIV Festival Internacional de Curtas de Verín

Correo electrónico: info@ficviaxiv.com

Teléfono: 638 077 282

Política de privacidade / Aviso legal / Cookies