- O artista verinés Fernando Barreira encárgase de realizar os trofeos e o deseño artístico da sala principal do auditorio.
- A idea do festival, que conta cos dereitos do deseño do premio en bronce por catro anos, será dar a substitución a outro artista local e así potenciar aos talentos emerxentes de Verín, filosofía basee do certame.
O Festival Internacional de Curtametraxes Vía XIV de Verín, que abrirá as súas portas o próximo 5 de decembro, contará cunha achega de luxo nesta primeira edición. Un profesional local poñerá o broche de ouro ao certame cunha mostra de arte verinesa de primeiro nivel. O reputado artista plástico Fernando Barreira realizou os trofeos que serán entregados, xunto co premio en metálico ao final do certame, e o deseño artístico da sala principal do auditorio.
Á presentación acudiron Emilia Somoza, concelleira de cultura e coordinadora xeral do evento; Carlos Montero, director do festival e responsable municipal de comunicación; Fernando Barreira, artista multidisciplinar verinés e Xosé Lois Santiago, director de produción do festival.
Desde a equipo directivo do festival quixeron agradecer «o esforzo, a amabilidade e o inestimable apoio incondicional e altruísta que, desde o minuto cero, esta ofrecendo o artista verinés Fernando Barreira na organización do evento».
Arte en bronce e cerámica para os premiados
Os trofeos que a organización outorgará como premio ás sete modalides a concurso (Mellor Curtametraxe das categorías de Emigración, Entroido ou Fronteira; Mellor Guión; Mellor Actor; Mellor Actriz; Mellor Director) foron deseñados en bronce por Fernando Barreira. Segundo o seu creador, «a idea nace coa intención de que o festival tivese un premio de calidade». O artista, recoñecido pola súa ampla traxectoria, encargouse tamén de deseñar, en cerámica, os trofeos para o Premio do Público e o Premio honorífico Vía XIV. «As dúas, unha terminada en dourado e outra con tons máis marróns e liberados, son pezas únicas», afirma. A idea do festival, que conta cos dereitos do deseño do premio en bronce por catro anos, será dar a substitución a outro artista local e así potenciar aos talentos emerxentes de Verín, filosofía basee do certame.
Deixa unha resposta