logo fic 2022
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O festival
    • Categorías
    • Programa 2022
    • Catálogos
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Trofeos
    • Membros do xurado FIC 2022
    • Contacto
    • Equipo directivo
    • Laureles
  • Bases 2023
  • Inscrición
  • Galería
    • Galería 2022
    • Galería 2021
    • Galería 2020
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Voluntarios
  • Novas
  • ESES
  • GLGL
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O festival
    • Categorías
    • Programa 2022
    • Catálogos
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Trofeos
    • Membros do xurado FIC 2022
    • Contacto
    • Equipo directivo
    • Laureles
  • Bases 2023
  • Inscrición
  • Galería
    • Galería 2022
    • Galería 2021
    • Galería 2020
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Voluntarios
  • Novas
  • ESES
  • GLGL

O FIC Vía XIV 2017 xerou impactos en medios por valor de case 315.000 euros

14 Agosto, 2018

  • A Dirección do Festival encargou á empresa Kantar Media a elaboración dun informe de avaliación da comunicación do certame

 

Verín, 14 de agosto de 2018.- A segunda edición do FIC Vía XIV, celebrada no pasado mes de decembro, xerou un total de 82 impactos en medios cuxo valor global ascende a 314.862 euros con unha audiencia de 20.209.000 persoas. Esta cantidade, que equivale ao valor publicitario das novas publicadas sobre o certame, reflíctese nun informe elaborado pola empresa Kantar Media e remitido recentemente á Dirección do Festival.

Do total de impactos publicados en medios, 39 corresponden a novas de prensa; 21 foron divulgados en Internet; 17 en radio e 5 en televisión. En canto ao valor económico segundo a canle, os impactos de prensa xeraron un montante de case 72.000 euros; os de Internet, un valor de preto de 115.000 euros; os de radio, máis de 112.000 euros e, finalmente, o valor conxunto dos de televisión, ascendeu a máis de 15.500 euros.

Pechar novos patrocinios

Por outra banda, segundo se desprende do informe de Kantar Media, a meirande parte dos impactos sobre o FIC Vía XIV foron publicados ou emitidos en medios locais e autonómicos. Porén, tamén se divulgaron informacións sobre o certame en medios de fóra de Galicia, como pode ser el caso do xornal catalán La Vanguardia.

O director do FIC Vía XIV, Carlos Montero, confía en que “a excelente repercusión obtida polo festival en 2017 axudará a que se poidan pechar novos patrocinios para a edición deste ano”.

Para consultar o informe completo prema aquí.

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *