FIC Vía XIV Logo
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O festival
    • Categorías
    • Catálogos
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Cobertura mediática
      • Informe de cobertura 2019
      • Informe de cobertura 2018
      • Hitos FIC 2018
      • Hitos FIC 2019
    • Trofeos
      • Premio Especial do Público
      • Outros galardóns
    • Contacto
    • Equipo directivo
    • Laureles
    • Equipo de traballo
    • Agradecementos
    • Patrocinadores e colaboradores
  • Bases
  • Actividades paralelas 2020
    • Estrea de entroidar
    • Estrea de Hijas de Galicia, Macorinas
    • Música e cinema a cargo da Banda de Gaitas Nova Era
    • Festival Convidado: Play-Doc
    • Homenaxe a Luis Zahera
    • Frei Chitín
    • Proxección Caminos de Tierra
  • Galería
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Xurado FIC Vía XIV 2020
  • Programación
    • Selección oficial
      • Nova 1
      • Nova 2
      • Nova 3
      • A raia 1
      • A raia 2
      • Outra mirada 1
      • Horizontes 1
      • Horizontes 2
  • Voluntarios
  • Novas
  • GLGL
  • ESES

O filme Domicilio conxugal, de François Truffaut, protagonista hoxe do ciclo Nouvelle Vague do FIC Vía XIV

7 Decembro, 2017

Festival Internacional de Curtas de Verín

  • Esta tarde proxectaranse 24 curtametraxes das categorías A Raia e Outra Mirada, entre as sesións que se realizarán no Auditorio e a Casa da Cultura, que optan aos premios do Festival

 

Verín, 7 de diciembre de 2017.- O Festival Internacional de Curtas de Verín (FIC) Vía XIV acolle hoxe a cuarta xornada da retrospectiva Nouvelle Vague. Un ciclo que pretende realizar unha aproximación a algúns dos directores que marcaron esta corrente, mostrando títulos de distintas etapas e con temáticas e estilos moi heteroxéneos.

Os críticos de cinema  Nicolas  Azalbert e Víctor Paz presentarán esta noite, ás 22.15 horas, no Auditorio, Domicilio conxugal (Domicile  conjugal. 1970. 100′), de  François  Truffaut. Un filme que é o cuarto da serie –dun total de cinco- con Antoine Doinel, personaxe de ficción que interpretou por primeira vez de neno Jean-Pierre  Léaud en Os 400 golpes (1959).

En Domicilio conxugal, Doinel e a súa muller Christine esperan un fillo. O primeiro decide cambiar de traballo para buscar un emprego mellor. Na nova empresa coñecerá a outra muller coa que iniciará un romance.

Penúltima xornada das proxeccións do concurso

Pola tarde inauguraranse as proxeccións incluídas na categoría denominada A Raia. Esta acolle curtametraxes de cineastas de Galicia e Portugal. En total, dentro desta categoría, exhibiranse 17 obras ao longo da xornada de hoxe. Nove delas poderanse ver no Auditorio.

A primeria sesión celebrarase ás 17,00 horas e incluirá as seguintes curtas: A rapa das bestas, de Jaione Camborda (España. 2017. 10´); Lemons, de Srinivas Reddy (Portugal. 2017. 15´); Europa, de Hugo Amoedo (España. 2017. 30´); Nyo Vweta Nafta, de Ico Costa (Portugal, Mozambique 2017.22´); e Fajr, de Lois Patiño (España. 2016. 13´).

Ás 20,30 horas proxectaranse Agua Mole, de Alexandra Ramires e Laura Gonçalves (Portugal. 2017. 9´); Matria, de Álvaro Gago (España. 2017. 30´); Flores, de Jorge Jácome (Portugal. 2017. 26´); e Plus Ultra, de Samuel M. Delgado e Helena Girón (España. 2017. 15´).

Na Casa da Cultura proxectaranse as 8 obras restantes incluídas nesta categoría. A primeira sesión será ás 18,45 horas, e os que se acheguen ata alí poderán visionar: Buenos días España, de María Barceló, Irati Cano, Sara Pisos e Carlos Reyes (España. 2017.30´); Os humores artificias, de Gabriel Abrantes (Portugal. 2016. 29´); Coelho Mau, de Carlos Conceição (Portugal. 2017. 33´).

Posteriormente, ás 20,30 horas, será a quenda de Después de la bandera, de Carlos Martínez-Peñalver Mas (España. 2017 / 7´); Cidade pequeña, de Diogo Costa Amarante (Portugal. 2016. 20´); Farpoes Baldios (Barbs, Wastelands), de Marta Mateus (Portugal. 2017. 25´); Quiasma, de Tono Mejuto (España. 2017.12´); e Coup de Grace, de Salomé Lamas (Portugal. 2017 / 25´).

Doutra banda, ás 18,45 horas no Auditorio, proxectaranse 7 curtametraxes incluídas en Outra Mirada, a categoría dedicada ao Entroido. Así, poderanse visionar, The Burdenm de Niki Lindroth von Bahr (Suecia. 2017. 13´); Green Screen Gringo, de Douwe Dijkstra (Holanda, Brasil. 2016. 16´); Pla y Cancela, de Elena Duque (España. 2017. 2´); Identity Parade, de Gerard Freixs (España. 2017.  4´); Lira´s Forest, de Connor Jesup (Canadá. 2017. 9´); Galatea al infinito, de Julia Maura, Mariangela Pluchino, Maria Chatzi, Ambra Reijnen, Fátima Flores Rojas e Julien Mérienne (España. 2017. 16´); e Fragment Wall, de Jacques Perconte (Francia. 2017. 6´).

 

 

 

 

 

 

 

 

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Organiza

Vía XIV Festival Internacional de Curtas de Verín

Correo electrónico: info@ficviaxiv.com

Teléfono: 638 077 282

Política de privacidade / Aviso legal / Cookies