2222
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O festival
    • Categorías
    • Programa 2022
    • Catálogos
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Cobertura mediática
      • Informe de cobertura 2019
      • Informe de cobertura 2018
      • Hitos FIC 2018
      • Hitos FIC 2019
    • Trofeos
      • Premio Especial do Público
      • Outros galardóns
    • Membros do xurado FIC 2022
    • Contacto
    • Equipo directivo
    • Laureles
    • Equipo de traballo
    • Agradecementos
    • SPOT 2021
  • Patrocinadores
  • Bases 2022
  • Actividades paralelas
    • Festival convidado: Galician Freaky Film Festival
    • Proxección de Mauthausen, regreso ao campo da morte
    • Sopa Cómica
    • Entroido, outras miradas
    • Zona Roombo
      • Cata e maridaxe cos viños da D.O Monterrei
      • Podcast especial de Irmandades da Cuadra
      • HOP & ROLL – Experiencia gastronómica e actuación do DJ Gustavo Rey e Oscar Piñeiro
      • Actuación do Colectivo Salitre
      • Encontro de Vespas, Lambrettas e motos clásicas
      • Concertos das bandas En Mala Hora e Jesus the Snake
    • Gala inaugural
    • Acto de clausura
  • Galería
    • Galería 2022
    • Galería 2021
    • Galería 2020
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Programación
    • Programa 2022
    • A RAIA 1
    • A RAIA 2
    • NOVA 1
    • NOVA 2
    • HORIZONTES 1
    • HORIZONTES 2
  • Novas
  • ESES
  • GLGL
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O festival
    • Categorías
    • Programa 2022
    • Catálogos
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Cobertura mediática
      • Informe de cobertura 2019
      • Informe de cobertura 2018
      • Hitos FIC 2018
      • Hitos FIC 2019
    • Trofeos
      • Premio Especial do Público
      • Outros galardóns
    • Membros do xurado FIC 2022
    • Contacto
    • Equipo directivo
    • Laureles
    • Equipo de traballo
    • Agradecementos
    • SPOT 2021
  • Patrocinadores
  • Bases 2022
  • Actividades paralelas
    • Festival convidado: Galician Freaky Film Festival
    • Proxección de Mauthausen, regreso ao campo da morte
    • Sopa Cómica
    • Entroido, outras miradas
    • Zona Roombo
      • Cata e maridaxe cos viños da D.O Monterrei
      • Podcast especial de Irmandades da Cuadra
      • HOP & ROLL – Experiencia gastronómica e actuación do DJ Gustavo Rey e Oscar Piñeiro
      • Actuación do Colectivo Salitre
      • Encontro de Vespas, Lambrettas e motos clásicas
      • Concertos das bandas En Mala Hora e Jesus the Snake
    • Gala inaugural
    • Acto de clausura
  • Galería
    • Galería 2022
    • Galería 2021
    • Galería 2020
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Programación
    • Programa 2022
    • A RAIA 1
    • A RAIA 2
    • NOVA 1
    • NOVA 2
    • HORIZONTES 1
    • HORIZONTES 2
  • Novas
  • ESES
  • GLGL

O traballo da organización B´Tselem a prol da fin da ocupación israelí centrará parte da programación paralela do FIC Vía XIV

18 Novembro, 2018

  • B´Tselem, o Centro de Información Israelí para os Dereitos Humanos nos Territorios Ocupados, leva máis dun cuarto de século documentando e publicitando as violacións de dereitos que se producen na zona
  • A responsable do arquivo da organización, Helen Yanovsky visitará Verín para divulgar o traballo que realiza B´Tselem e participar como xurado no certame
  • Unha pequena retrospectiva da obra do actor galego “Morris” e o visionado do documental Mar de Terra completan a programación paralela do FIC

Verín, 18 de novembro de 2018.- O Festival Internacional de Curtas de Verín (FIC Vía XIV) amosa o seu lado máis social e comprometido coa programación dunha actividade paralela na súa axenda que ten como obxectivo divulgar o traballo que realiza B´Tselem, o Centro de Información Israelí para os Dereitos Humanos nos Territorios Ocupados, que leva máis de 25 anos documentando e publicitando as violacións de dereitos civís que se producen na zona e esixindo a fin da ocupación.

Para presentar o labor desta organización, desprazarase ata Verín a cineasta Helen Yanovsky, responsable do arquivo de B´Tselem. Yanovsky será ademais unha das membros do xurado oficial do certame. “Contar coa presenza de Yanovsky é un luxo para o noso Festival e para Verín”, considera o director do FIC Vía XIV, Carlos Montero, que agradece “moi especialmente” á cineasta de orixe xeorxiano “que aceptara a invitación para participar no festival”.

Organización independente e non partidista

B’Tselem é unha organización independente e non partidista. É financiada unicamente por doazóns, tanto de subvencións de fundacións europeas coma norteamericanas que apoian os dereitos humanos en todo o mundo e recibe, tamén, xenerosas contribucións de particulares de Israel e do estranxeiro.

Entre moitas das súas actividades, a organización regala cámaras e ensina a filmar aos cidadáns palestinos para que rexistren o seu día a día e dean conta da situación real que viven. O resultado son tanto películas coma clips virais de Youtube que amosan accións como a execución de civís, o cal levou a varios soldados israelíes ao cárcere. 

Unha homenaxe a “Morris”

A programación paralela do FIC Vía XIV completarase cunha breve homenaxe á carreira do ator galego Antonio Durán “Morris”, un dos máis recoñecibles para o gran público grazas a súa participación en máis de 20 longametraxes e máis de media ducia de curtas. O actor desprazarase tamén ata Verín para participar nun encontro co público que se desenvolverá no marco do certame.

O FIC Vía XVIII repasará algún dos traballos máis sobranceiros da súa traxectoria coma a curta Unary ou a recente Dhogs, a longametraxe con maior número de premios Mestre Mateo. Os espectadores terán tamén a oportunidade de visionar outro dos seus traballos: La estación violenta.

Mar de Terra

Finalmente, o festival programará o visionado do documental Mar de Terra, un traballo centrado no Entroido ourensán que leva a sinatura do músico vasco Kepa Junquera. A modo de road movie, Mar de Terra percorre o triángulo máxico do Entroido ourensán (Verín, Xinzo e Laza) xunto a outras localidades da provincia como Vilariño de Conso, Manzaneda, Viana do Bolo e a lucense de Sancedo. O obxectivo: presentar dende dentro os diversos entroidos e plasmar as súas singularidades.

No FIC Vía XIV poderase de desfrutar deste documental, que será exhibido tamén no acto inaugural do Festival de Cine de Ourense.

 

 

 

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vía XIV Festival Internacional de Curtas de Verín

Correo electrónico: info@ficviaxiv.com

Teléfono: 638 077 282

Política de privacidade / Aviso legal / Cookies