FIC Vía XIV Logo
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O festival
    • Categorías
    • Catálogos
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Cobertura mediática
      • Informe de cobertura 2019
      • Informe de cobertura 2018
      • Hitos FIC 2018
      • Hitos FIC 2019
    • Trofeos
      • Premio Especial do Público
      • Outros galardóns
    • Contacto
    • Equipo directivo
    • Laureles
    • Equipo de traballo
    • Agradecementos
    • Patrocinadores e colaboradores
  • Bases
  • Inscrición
  • Galería
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Voluntarios
  • Novas
  • GLGL
  • ESES

Obradoiro de cinema 3D

OBRADOIROS DE CINEMA PARA NEN@S E MOZ@S EN 3 D E REALIDADE VIRTUAL. INSCRÍBETE XA!

A xente nova da comarca de Verín está chamada a ser a protagonista absoluta de dous obradoiros de cinema que se impartirán no marco da semana do Festival de Curtas. O primeiro destes workshops, na quenda de mañá estará centrado en darlle vida ás animacións 3D e o segundo, na quenda da tarde, consitirá en traballar coa realidade virtual.

Ambos os obradoiros estarán impartidos pola monitora Cristina Blanco nas xornadas dos días 6, 7 e 8 de decembro.

A finalidade destas actividades é a de fomentar, dun xeito lúdico e divertido, o interese no cinema por parte dos cativos e cativas da comarca, e tamén da xente moza. Paralelamente, fomentarase a creatividade e os valores vinculados ao emprendemento, favorecendo a aprendizaxe a través do xogo.

vr
IMG_9397[1]

TALLER DE CINEMA 3D

Días

6,7, 8 de Decembro

Horario

Mañá 10:00  a 13:00

Lugar

Aula Cemit de Verín. Casa da Xuventude. Avenida Portugal, 11 andar 1

Prezo

30 euros

Abonaráse o primeiro día do taller a monitora

Prazas

22 prazas máximo

10 prazas mínimas para realizar o obradoiro

Idades

10 a 15 anos

Inscripción  

123artesdixitais@gmail.com

 Monitora 

Cristina Blanco  Tlf: 609166550

Neste obradoiro crearase un escenario de animación onde as leis da física se poidan controlar ao noso antollo. Os participantes darán vida ás súas propias figuras en 3D e aprenderán a controlar a iluminación, os diferentes encadres e puntos de vista da cámara, usando diversas ferramentas para dar os primeiros pasos no longo e apaixonante camiño de chegar a ser un deseñador 3D.

Para iso,  empregarase  un software educativo. Permite aos rapaces e rapazas adquirir as habilidades básicas en informática á vez que crean curtas de animación 3D, nos que poden controlar o comportamento de personaxes e obxectos tridimensionais nun mundo virtual a través dunha interface moi intuitiva.

IMG_9310[1]
IMG_9314[1]

Organiza

Vía XIV Festival Internacional de Curtas de Verín

Correo electrónico: info@ficviaxiv.com

Teléfono: 638 077 282

Política de privacidade / Aviso legal / Cookies