La Chute
Boris Labbé
Francia
2018 | 14' 22''
Cando os habitantes do ceo veñen a contaminar aos da Terra, a orde mundial vese alterada bruscamente. É o comezo dunha tráxica caída da cal nacerán os infernos e, en sentido contrario, os círculos do paraíso.
Boris Labbé
Boris Labbé é director, produtor, guionista, enxeñeiro de son, montador, montador de son e de efectos visuais.
OUR SONG TO WAR
Juanita Onzaga
Bélxica/Colombia
2018 | 14' 09''
Homes cocodrilos, un río místico, nenos aos que lles gosta a pesca e que teñen algo en común cando remata a guerra. En Bojaya, Colombia, os aldeáns teñen crenzas estrañas e celebran un ritual da norte, o “Novenario”. Este podería ser o comezo dunha historia moi longa, onde espíritos e humanos se atopan para aprender que hai vida despois da fin da guerra.
Juanita Onzaga
Juanita Onzaga é licenciada en Dirección de Fotografía en DIA e Máster en Dirección de Cine en Sint-Lukas, Bruxelas. Como directora xoga con forma híbridas entre a ficción, o documental e o experimental. Dentro das súas narracións toca a importancia da memoria, a morte e a imaxinación, creando contos que reflicten diferentes formas de percibir a realidade interior.
MAYBE IT’S ME/ ΊΣΩΣΕΊΜΑΙΕΓΏ
Dimitris Simou
Reino Unido
2017 | 6'
Lémbroo todo. Os veráns, a casa, o mar, o son das cigarras. Os meus medos. Tal vez son eu, un animador intentado recrear as miñas memorias da infancia.
Dimitris Simou
Dimitris Simou naceu e medrou en Atenas, Gracia. Mudouse a Londres para estudar e traballar como animador. Maybe It´s Me (2017) foi financiada polo Film London e estreouse no 61 BFI London Film Festival. É a súa película mais persoal ata o de agora.
VESLEMØY’S SONG
Sofia Bohdanowicz
Canadá
2018 | 9'
Audrey adéntrase nos arquivos de Biblioteca Pública de Nova York na busca dunha gravación rara producida en 1909 e titulada Veslemøy’s Song.
Sofia Bohdanowicz
Sofia Bohdanowicz é unha cineasta baseada en Toronto. Gañou o premio ao Director Canadiense Emerxente no Festival Internacional de Cine de Vancouver en 2016 pola súa primeira longametraxe, Never Eat Alone. Bohdanowicz é gañadora do Premio Jay Scott 2017 da Toronto Film Association. É exalumna da Berlinale Talents a actualmente atópase na postprodución da súa terceira longa, MS Slavic 7,con Deragh Campbell.
SUPERNATURAL POWER
Mike Hoolboom
Canadá
2018 | 5'
Emprazadas nun centro de rehabilitación da Cruz Vermella en Vietnam, as vítimas da guerra estadounidense aprenden a camiñar sobre novas pernas protésicas. A mística de dúas fes: a da destrución e da prestación de asistencia.
Mike Hoolboom
Mike Hoolboom é un artista canadiano que traballa en cine e video. Con máis de 80curtametraxes e documentais no seu haber, obtivo máis de 30 premios internacionais. Dende 2004 traballa en Fringe Online, un proxecto que pon a disposición do público os arquivos de 40 artistas multimedia de Canadá.
SNAP
Ananké Pereira/Felipe Elgueta
Chile
2018 | 19' 48''
Temos aprendido a comunicarnos en 15 segundos. A vida privada exponse publicamente para desaparecer en 24 horas, pero en SNAP créase o campo da resistencia das imaxes e a súa trascendencia
Ananké Pereira/Felipe Elgueta
Ananké Pereira e Felipe Elgueta son dous cineastas chilenos, ambos os dous graduados na Universidade de Chile. Pereira foi bolseiro no Talents Buenos Aires 2017 e actualmente traballa na montaxe da lunga Septo, ademais de continuar a exploración de Internet e os seus vínculos co cinema. Elgueta foi bolseiro no Talents Buenos Aires 2015, desenvolve proxectos de non ficción baixo o nome de Quasar Cine e os seus traballos exploran o nexo entre o virtual e o cinematográfico.
CARTA REAL DE CARLOS III
Christian Flores
España
2018 | 3' 26''
Carlos III de Borbón escribiu unha carta aos seus pais contándolles detalles íntimos da súa noite de vodas. Esta obra reproduce con fidelidade a carta e convértea nunha canción de reggaetón.
Christian Flores
Christian Flores é creador de vídeos para Internet, interesado na comedia e a música. A finais de 2017 crea “O trap das Meninas”, un vídeo que se viraliza ata chegar a máis de siete millóns de reproducións en Youtube.