A FILM
Marten Nilsson
Suecia
2019
4’ 14"
Foi fermoso pero non axudou. Empregando o seu humor negro coma un arma coa que loita, malia as deficiencias existenciais e as súas dúbidas de estar aquí.
Autor: Marten Nilsson
Director e cinematógrafo sueco, nado en 1962. Na súa longa traxectoria profesional, traballou coma director, director de fotografía, editor e produtor en numerosas curtametraxes, películas, documentais e series de televisión.
A PROPÓSITO DE LANZAROTE EN GENERAL
Vincent Tricon
Francia
2020
15’
En xaneiro de 1999, Michel Houellebecq viaxou a Lanzarote. Levou unha cámara e filmou as súas vacacións. Ata o día de hoxe, estas imaxes permaneceron descoñecidas.
Autor: Vincent Tricon
Nado en 1985, é editor e director. Cursou estudos de comunicación audiovisual e cinema en Toulouse e Montpellier e graduouse en edición na Fèmis (a Escola Nacional de Cine de Francia). En 2016 estivo nominado aos César pola montaxe de Divines, de Houda Benyamina. A propósito de Lanzarote en general é a terceira curtametraxe que escribe e dirixe.
AL MOTOCICLISTA NO LE CABE LA FELICIDAD EN EL TRAJE
Gabriel Herrera
México
2021
10’
Senta orgulloso na súa fermosa motocicleta, que nunca prestaría a ninguén. Está seguro de que só el pode explorar a xungla. Unha recreación lúdica con roles invertidos que apunta á arrogancia dos conquistadores coloniais.
Autor: Gabriel Herrera
Cineasta e videoartista nado en México. Estudou cinema na Escola Nacional de Artes Cinematográficas de Cidade de México e na Escola Nacional de Cine de Polonia en Łódź. Realizou varias curtametraxes e traballos en video. Actualmente vive en México, onde está facendo o doutourado en teoría do cinema, mentres ensina cine e realiza documentais sociais. Tamén está a desenvolver a súa primeira longametraxe.
MAALBEEK
Ismaël Joffroy Chandoutis
Francia
2020
16’ 12"
Supervivente pero amnésica tras o atentado na estación de metro de Maalbeek (Bruxelas) o 22 de marzo de 2016, Sabine busca a imaxe perdida dun evento sobremediatizado do que non ten memoria.
Autor: Ismaël Joffroy Chandoutis
Nado en Francia en 1988 e residente entre París e Bruxelas, Chandoutis realiza un híbrido artístico que expande o cinema ao campo da arte contemporánea. O seu traballo cuestiona a tecnoloxía, a memoria, o virtual e explora os porosos mundos da imaxe. Maalbeek recibiu premios nos festivais de Namur e Burdeos, entre outros.
THE END OF SUFEERING
Jacqueline Lentzou
Grecia
2020
14’
Sofía volve a entrar en pánico. O Universo decide contactala. Un diálogo doutras palabras. Unha sinfonía planetaria para Marte, onde a xente soña desperta e loita polo amor.
Autor: Jacqueline Lentzou
Nada en Atenas en 1989, é unha escritora e directora cuxa linguaxe cinematográfica implica atopar poesía en premisas aparentemente mundanas e/ou crear poesía visual a través da asociación de palabras e imaxes. Experimenta con formatos, duración e sensacións. Tematicamente, as súas películas xiran en torno a construcións familiares pouco convencionais, o amor (e a súa falta), a soidade e a pertenza.