- Hoxe terá lugar a quinta xornada do Festival Vía XIV, que comenzou a celebrarse o día 5 de decembro
- Os asistentes poderán disfrutar, ao longo da mañá, dun Curso de Iniciación aos Documentais e da proxección de curtometraxes especiais para nenos
- Continúa a video mostra permanente de Carlos Folgoso
- Reproduciranse catro bloques de curtas: dous no Auditorio Municipal e dous na Casa da Cultura
A xornada comeza ás 10 da mañá coa primeira parte do Curso de Iniciación aos Documentais, que terá lugar hoxe e mañá no Auditorio Municipal de Verín. Impartido polo encargado da dirección técnica do FIC, Francisco Naveira Rega, os inscritos poderán adquirir coñecementos básicos de narrativa e produción audiovisual. Ademais, haberá unha parte máis práctica na que se ensinarán coñecementos tecnolóxicos e informativos para aprender a utilizar a cámara de vídeo, así como as pautas de realización e da fase de post-produción de vídeo.
Tamén terá lugar ás dez da mañá no Auditorio a proxección de curtametraxes para nenos, co obxectivo de facer chegar o cinema e o espírito do festival aos pequenos do fogar.
O director de “Añadir Contacto”, David Oeo, realizou este corto de tres minutos e medio, rodado durante unha noite con moi pouco presupusto. Está enmarcado no seu proxecto de fin de carrera e, con el, pretende mostrar a incomunicación imperante no mundo comunicado de hoxe en día.
Charlie García é o director de “Polo”, unha curtametraxe englobada dentro do traballo de fin de carreira de Comunicación Audiovisual en Sevilla. A historia céntrase na Guerra Civil e na persecución ós republicanos agochados no bosque.
Continúa a vídeo mostra con imaxes dos refuxiados realizada por Carlos Folgoso.
Ademais, o vindeiro sábado día 10 celebrarase no Auditorio de Verín, ás 10 da noite, a gala de clausura do Festival Internacional de Curtametraxes de Verín. Será un evento gratuito e aberto. As entradas pódense reservar de forma anticipada no propio Auditorio.
AUDITORIO
No Auditorio Municipal comeza a reprodución ás 20:30 das curtometraxes indicados a continuación, que se atopan englobados dentro do segundo bloque de Entroido:
- Criaturitas, dirixida por Ignasi López, é unha curta española sobre dous exércitos que nacen da escuridade e que rematarán nun feroz enfrontamento.
- O Moredo, dirixida por David Vázquez, é unha curta española sobre o Entroido Ribeirao.
- La conmoción del silencio, dirixida por Nancy Molina Díaz de León, é un documental mexicano que versa sobre o folclore do ruído da cidade de México.
- Ulises, dirixido por Aitor Gutiérrez, é unha curta española sobre un home solitario.
- O projeto do meu pai é unha curtometraxe brasileña de debuxos animados.
- Juegos de risa, dirixida por Marko Simic, é unha curta española que reflexiona sobre as raíces da educación cos conceptos de risa, xogo e improvisación.
Unha vez rematada a primeira sesión, a partir das 22:15, terá lugar a proxección dos seguintes traballos audiovisuais etiquetados no segundo bloque de Fronteira:
- Añadir contactos, de David Oeo, son 3 minutos da historia dunha volta a casa que se complica máis do habitual…
- El dibujo, dirixida por Antón Atrio González, é unha reflexión sobre a sinceridade da infancia e da consciencia da vida adulta.
- Fronteras de energía animal é unha peza de Plácido Romero sobre o papel vital dos animais na produción de enerxía tanto no pasado como na actualidade.
- El Rebelde dirixida por Óscar Doviso é a historia de Pâdraig Pearse, poeta, maesro e avogado condenado a morte por fusilamento.
- Polo, de Charlie García Villalba, conta a historia dun Guardia Civil que, tras a Guerra Civil, decide perseguir no monte aos que sobreviviron do bando perdedor.
- Restart é unha película dirixida e co producida por Olga Osorio.
- Sin tu latido conta a historia dun taxista que rapta a Luís Eduardo Aute, co obxectivo de que lle cante a sua muller, que está a piques de morrer.
- Vostok, dirixida por Miquel Casals, é unha curta que trata do primeiro programa espacial soviético.
CASA DA CULTURA
Na Casa da Cultura, as proxeccións comezan ás 20:00, coa reprodución do primeiro bloque de Fronteira:
- Wut, dirixida por Sergi Martí, é unha curtometraxe española sobre un rottwailer que pertence a un soldado nazi.
- El Pozo, dirixida por Héctor Domínguez-Viguera, é unha peza sobre dúas irmás que viven, en tempos de guerra, agochadas nunha vella casa no bosque.
- Naara, dirixida por Paul Urkijo Alijo, é unha curta española producida por INGUMA FILMAK y AAMI.
- Por eso no tengo hermanos, dirixida por Paco Cavero, é unha curta que versa sobre a excursión a un pantano de dous homes chamados Antonio e Carlos.
- La prueba, dirixida por Pablo L. de Aramburu, é unha película que trata sobre Marta, unha rapaza que está no periodo de proba na guarda fronteiriza.
- O menino do dente de ouro, dirixida e producida por Rodrigo Cesar Cortez, é unha curtometraxe brasileña..
Unha vez finalizada a proxección da primeira serie de cortos, sobre as 22:15, comezará a reprodución das curtas do segundo bloque de emigración:
- Salsa, dirixido por Elena Muñoz Cano, é unha curta que xira en torno a como a danza pode mellorar a vida de catro persoas anónimas.
- Dent de lleó, dirixido por Jorge Bellver, é un traballo que representa o voo dun dente de león dende o interior de África ata as nosas costas.
- Cómplices por accidente, dirixida por Alfredo Panadero, é unha curta na que os protagonistas coinciden nun roubo porque os dous decidiron executalo a mesma mañá.
- Alone, dirixida por Arcadi Martín Morales, é unha curta na que se reflicte a dureza do abandono dos anciáns.
- 56, dirixida por Marco Huertas, é un traballo audiovisual que amosa a inxustiza que sofren moitos nenas para poder ir ao colexio.
- Haters, dirixida por Sergio Manuel Sánchez Cano é unha curta que vai máis alá do odio.
- Cuco, dirixida por Davek Carrizosa, é un traballo audiovisual mexicano no que a protagonista, Ana, decide abandonar a súa casa intentando escapar do seu pasado.
Deixa unha resposta