FIC Vía XIV Logo
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O festival
    • Categorías
    • Catálogos
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Cobertura mediática
      • Informe de cobertura 2019
      • Informe de cobertura 2018
      • Hitos FIC 2018
      • Hitos FIC 2019
    • Trofeos
      • Premio Especial do Público
      • Outros galardóns
    • Contacto
    • Equipo directivo
    • Laureles
    • Equipo de traballo
    • Agradecementos
    • SPOT 2021
  • Patrocinadores
  • Bases 2022
  • Actividades paralelas
    • Festival convidado: Galician Freaky Film Festival
    • Proxección de Mauthausen, regreso ao campo da morte
    • Sopa Cómica
  • Galería
    • Galería 2021
    • Galería 2020
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Programación
    • A RAIA
    • NOVA
    • HORIZONTES
  • Novas
  • ESES
  • GLGL
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O festival
    • Categorías
    • Catálogos
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Cobertura mediática
      • Informe de cobertura 2019
      • Informe de cobertura 2018
      • Hitos FIC 2018
      • Hitos FIC 2019
    • Trofeos
      • Premio Especial do Público
      • Outros galardóns
    • Contacto
    • Equipo directivo
    • Laureles
    • Equipo de traballo
    • Agradecementos
    • SPOT 2021
  • Patrocinadores
  • Bases 2022
  • Actividades paralelas
    • Festival convidado: Galician Freaky Film Festival
    • Proxección de Mauthausen, regreso ao campo da morte
    • Sopa Cómica
  • Galería
    • Galería 2021
    • Galería 2020
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Programación
    • A RAIA
    • NOVA
    • HORIZONTES
  • Novas
  • ESES
  • GLGL

Un total de 360 rapaces e rapazas participaron na primeira xornada de Cinema Marabillas, a actividade do FIC Vía XIV concibida para os escolares da comarca

2 Decembro, 2019

  • Cativos e cativas dos centros María Inmaculada e Amaro Refojo, de Verín; do CEIP de Medeiros e do CEIP de Vilardevós desprazaronse hoxe ata o auditorio para tomar parte nesta iniciativa, que liga cinema e lectura

Verín, 02 de decembro de 2019.- Un total de 360 escolares de Verín e comarca participaron hoxe na primeira xornada de Cinema Marabillas,  a actividade do FIC Vía XIV de Verín deseñada para involucrar aos máis novos no certame. Rapaces dos colexios María Inmaculada e Amaro Refojo de Verín, do CEIP de Medeiros e do CEIP de Vilardevós tomaron hoxe parte na iniciativa, que se desenvolverá tamén mañá e pasado coa participación doutros centros educativos.

“Ver para ler” é o eslogan co que se presenta a actividade Cinema Marabillas, que o FIC Vía XIV desenvolve para achegar a maxia do cinema aos cativos da man de Raquel Queizás. Nesta edición, o fío temático da actividade liga o cinema coa literatura infantil e xuvenil. Así, durante a mañá programaronse algunhas das primeiras adaptacións cinematográficas inspiradas en contos e libros clásicos.

Personaxes ben coñecidas

Os protagonistas desta actividade son, pois, personaxes ben coñecidas para todos os nenos e nenas, que teñen centrado algunhas das máis belas historias narradas no cine: Alicía no País das Marabillas, Peter Pan ou O Mago de Oz.

Xunto a isto, os rapaces que participaron na iniciativa puideron desfrutar dunha mostra de curtas, apta para todas as idades, seleccionadas pola organización do FIC Vía XIV.

Cámara e batuta

A axenda do día do FIC Vía XIV completarase coa programación de diferentes curtas a concurso, enmarcadas nas categorías oficias “Outra Mirada 1”, “Horizontes 2”, “Outra Mirada 2”, “A Raia 3” e “Nova 3”. O Auditorio de Verín e a Casa da Cultura son os escenarios nos que se proxectarán as diferentes sesións.

Xunto a isto, xa pola noite, desenvolverase no Auditorio a actividade paralela “Cámara e batuta”, que pretende analizar a relación íntima que posúen música e cinema a través dun percorrido moi especial que realizará Edelmiro L. Mateo, responsable da Coral Polifónica de Verín. No marco desta actividade, na que participara a propia Coral, tamén haberá unha actuación da Agrupación Instrumental Infantil do Conservatorio de Verín, dirixida por Miguel Ángel Guerra.

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vía XIV Festival Internacional de Curtas de Verín

Correo electrónico: info@ficviaxiv.com

Teléfono: 638 077 282

Política de privacidade / Aviso legal / Cookies