XOVES DE COMADRES
Noemí Chantada
Galicia
2019
19’
O seu mundo era xa un formigueiro vacío, unha colmena case seca á que chegou un grilo ruidoso.
Autor: Noemí Chantada
Vigo, 1982. Durante os últimos quince anos traballa como directora de fotografía e cámara. En 2016, funda a produtora Islandia Producciones para poder desenvolver outro tipo de proxectos.
FILUCHA DE TARAMANCOS
Santiago Teijelo
Galicia
2019
15´
A valoracion da figura feminina e o esforzo que hai por tras dunha tradición esquecida centran a temática desta curtametraxe.
Autor: Santiago Teijelo
Nado en Santiago de Compostela en outubro de 1987, cursa os estudos de Imaxe na Escola de Imaxe e Son da Coruña (EIS), tras os cales comeza a súa experiencia laboral no sector audiovisual traballando en grandes empresas do sector como Voz Audiovisual ou TVG, á vez que colaborando en proxectos independentes, na meirande parte dos casos como operador de cámara e reporteiro gráfico.
NÉSTOR
Joao González
Portugal
2019
6’
Néstor, un home con varios comportamentos obsesivos compulsivos vive nunha casa flotante inestable, que nunca deixa de oscilar.
Autor: Joao González
Naceu en 1996 e medrou en Porto. A súa primeira curtametraxe de animación, The Voyager, obtivo 11 premios en diferentes festivais.
CARTOGRAFÍA DO ESQUECEMENTO
Ariadna Silva
Galicia
2019
9’
Esboza unha reflexión sobre as consecuencias ambientais e culturais xeradas pola industria do eucalipto en Galicia.
Autor: Ariadna Silva
Mestrado en Fotografía Artística e Documental e Grao en Comunicación Audiovisual. O seu traballo oscila entre a fotografía e o videoarte. É cofundadora de Gancho Producións.
UNIDADE VECIÑAL
Tono Mejuto
Galicia
2020
7´
A curta traza a vida nun barrio de vivendas sociais da Coruña, presentando unha ollada singular.
Autor: Tono Mejuto
Estudou Arquitectura nas cidades da Coruña, Graz e Santiago de Chile. É membro do grupo de investigación e acción urbana “ergosfera”. Ten realizado múltiples traballos en pezas audiovisuais como director de fotografía.