INTERIORS & EXTERIORS
Ashique Mostafa
Bangladesh-USA
2017 / 8´
Unha obra observacional gravada nunha soa toma que trata sobre o microcosmos das prácticas islámicas e a segregación de clases que ten lugar en Dacca, a capital de Bangladesh.
Ashique Mostafa
Ashique Mostafa, cofundador de Khona Talkies, finalizou os seus estudos de Dirección e Produción Cinematográfica na Escola de Artes Visuais de Nova York. Phulkumar (2002), a súa película de graduación, foi gravada en Bangladesh. O filme aínda é lembrado neste país hoxe en día, máis dunha década despois da súa gravación, xa que concedeu a oportunidade a un numeroso grupo de mozos de participar de xeito activo no proceso de rodaxe da película e de aprender aspectos relacionados coa dirección cinematográfica.
WHITE TRASH
Sunčica Ana Veldić
Croacia-Croatia
2017 / 12´
Unha escea distópica dun vertedoiro nunha mañá de inverno con néboa, perturbada pola presenza de gaivotas e dalgúns humanos absortos nos seus asuntos.
Sunčica Ana Veldić
Sunčica Ana Veldić é veterinaria en Zagreb. Dedícase á produción de documentais dende hai varios anos no Kinoklub Zagreb. No ano 2015 obtivo un primeiro premio pola súa película Croatian Virgin, un segundo premio por The Tenant, así coma un premio especial no Festival de Cine de Luksuz celebrado en Krško, Eslovenia, pola súa primeira película, Hux Flux, que dirixiu xunto a Martin Semenčić.
HEDGEHOG´S HOME
Eva Cvijanović
Canadá, Croacia-Canada, Croatia
2017 / 10´
Nun bosque exuberante e animado vive un ourizo. É respectado e envexado polos outros animais. Porén, a devoción inquebrantable do ourizo á súa casa molesta a un cuarteto de bestas insaciables.
Eva Cvijanović
Eva Cvijanović (1984) é unha animadora e cineasta comprometida co potencial narrativo das contornas e as personaxes. Dende que finalizou os seus estudos na Universidade Concordia, produciu e dirixiu unha película independente de cinco minutos (Seasick, 2013), elaborou sets en miniatura e de tamaño real para títeres e marionetas e traballou en videos musicais e curtas multimedia. O traballo de Eva abarca dende documentais a películas de marionetas, pasando por videoxogos, entre outros.
FIVE MINUTES
Justine Bateman
USA
2017 / 9´
Five Minutes é unha curta cuxa acción se desenvolve nunha escola de primaria nos Estados Unidos. Os pais reuníronse para unha titoría. O director do colexio involúcraos nunha actividade de escoita para que poidan practicar a “escoita activa”, coa pretensión de mellorar a relación cos seus fillos. Un dos pais, Tom, amósase reacio e sorprendido polo entusiasmo dos demais pais e a súa disposición para compartir información persoal durante o exercicio proposto. Escoita a medias á súa parella, Ana, mentres está a falar. Cando chega a súa quenda, Tom decide actuar dun xeito despreocupado, o que xera infinidade de reaccións no grupo. Trátase dunha serie de reaccións que pesaran sobre el e a súa muller no colexio por moitos anos.
Justine Bateman
Nada en Rye, Nova York, a escritora/directora e produtora Justine Bateman ten un curriculum impresionante que inclúe Family Ties, Satisfaction, Arrested Development e moitas outras películas. Foi nominada a dous Globos de Oro e a dous Emmy. É partidaria do principio de neutralidade en Internet e posúe un Grado de Informática e Xestión de Medios Dixitais pola Universidade de UCLA. Produciu Easy to Assemble con Ileana Douglas e Jared Drake’s Z. Bateman escribiu Five Minutes, o seu debut como directora de curtametraxe, que foi presentada en 2017 no Toronto Film Festival. Actualmente está a traballar na súa primeira longametraxe, Violet. O seu primeiro libro, Fame, unha obra de ficción sobre as necesidades da sociedade, será publicada en 2018 por Akashic Books.
MARÍA
Gala Negrello
Arxentina-Argentina
2017 / 15´
María procura cumprir con cada un dos mandatos ancestrais que lle impón a súa comunidade: a colonia melonita da Pampa, en Arxentina. Lonxe da civilización e obediente ás convencións atávicas, a súa vida parece discorrer entre prácticas familiares e relixiosas que, repetidas cíclicamente, sumérxena nunha especie de letargo e aborrecemento.
Gala Negrello
Nada en Buenos Aires en 1992. Estudiante avanzada da carreira de Deseño de Imaxe e Son na Universidade de Buenos Aires onde desenvolve o seu labor como auxiliar docente na materia de Iluminación e Cámara e como bolseira no Set de Filmación e Experimentación.
GREETINGS FROM KROPSDAM (In Kropsdam Is Iedereen Gelukkig)
Joren Molter
Holanda-The Netherlands
2016 / 23´
Lammert non lle faría dano a unha mosca. Vive coas súas pombas e a súa mellor amiga Frieda nun pequeno pobo chamado Kropsdam, en Groning. A súa tranquila vida vese truncada cando se sospeita que pechou un acordo cunha empresa enerxética chamada Green Now para construír unha turbina eólica na cidade. Para Lammert resulta obvio que el non quere ter nada que ver coas turbinas eólicas. Porén, comeza a notar que no pobo empezan a tratalo dun xeito diferente. A xente é feliz en Kropsdam, salvo que teñas mala sorte.
Joren Molter
Joren Molter (1993) comezou dirixindo películas de ficción durante a etapa previa á súa educación artística en De Noorderlingen. Aos 16 anos, a súa película Full of live foi seleccionada para a competición de directores noveis no Netherlands Film Festivalen Utrecht. Con 18 anos comezou os seus estudos na Netherlands Film Academy, onde se graduou en 2016.