The Burden
Niki Lindroth von Bahr
Suecia-Sweden
2017 / 13´
Un centro comercial nunha grande estrada é o escenario dun musical apocalíptico. Animación cun forte sentido de forma establecido en música auto-sintonizada por Klungan. Sobre a liberación a través dunha gran catástrofe.
Niki Lindroth von Bahr
Niki Lindroth von Bahr naceu en Estocolmo. Estudou Deseño de Decorados e Atrezzo en Nordiska Scenografiskolan na localidade de Skelleftea e Cine Experimental e de Animación en Diagonalakademin, en Estocolmo. Niki Lindroth von Bahr traballa como deseñadora de atrezzo e títeres e como animadora no seu estudo de Estocolmo.
GREEN SCREEN GRINGO
Douwe Dijkstra
Holanda,Brasil-The Netherlands,Brazil
2016 / 16´
Detrás dunha pantalla verde, un estranxeiro atopa o seu propio camiño nun Brasil fascinante, e aínda turbulento. As rúas convértense en escenario para a política, a arte e o agarimo que só un gringo pode recibir. O resultado é un retrato mixto do Brasil moderno a través dos ollos dun visitante.
Douwe Dijkstra
Douwe Dijkstra é un director de cine e artista audiovisual dos Países Baixos. Estudou Ilustración e Deseño en ArtEZ. A súa obra é unha combinación de cinema, animación e vfx que pode ser catalogada como humorística e socialmente comprometida. Como fundador do colectivo 33 1/3 combina producións de teatro con proxeccións de cinema. En 2014, dirixiu a curta Démontable e en 2015 a curta documental Voor Film (cuxo título en inglés é Supporting Film).
PLA Y CANCELA
Elena Duque
España-Spain
2017 / 2´
Un fogar temporal alleo, aínda habitado polos rastros dos que pasaron alí unha vida. Un xogo animado coas luces, obxectos e pantasmas (locais e visitantes) dunha casa na rúa Pla e Cancela da Coruña.
Elena Duque
A hispanovenezolana Elena Duque é programadora, crítica e editora, desempeñando estes labores na actualidade en mostras coma (S8) Mostra de Cinema Periférico da Coruña e no Festival de Cine Europeo de Sevilla. Ademais, é autora dun conxunto de películas curtas experimentais e/ou de animación que se amosaron en diversos festivais, así como de videoclips e pezas de encargo. Actualmente vive no Porto de Santa María, Cádiz.
IDENTITY PARADE
Gerard Freixs
España-Spain
2017 / 4´
Pero, quen se oculta tras a máscara?
Gerard Freixes
Gerard Freixes (Igualada, 1979) estudou Belas Artes na Universidade de Barcelona. Traballa como editor e desenvolve os seus propios traballos experimentais empregando material de arquivo de dominio público.
LIRA´S FOREST
Connor Jesup
Canadá-Canada
2017 / 9´
Cando se achega a fin da súa vida, unha anciá atópase cun estrano espírito dun bosque próximo.
Connor Jesup
Connor Jessup tense dedicado ao teatro e ao cinema desde unha idade temperá. É especialmente coñecido polo seu papel estelar na serie de ciencia ficción Falling Skies, producida por Steven Spielberg e antoloxía da serie gañadora dos Premios Emmy American Crime. En 2012, Jessup comezou na gran pantalla co papel protagonista en Blackbird, que se presentou no Toronto International Film Festival e polo que recibiu o premio de Actor Revelación. En 2015 participou na película independente Closet Monster, unha combinación de comedia e drama na que interpreta o papel de Oscar Madly, un neno desesperado por deixar a súa cidade natal, unha familia desfeita e as pantasmas dunha infancia turbulenta.
GALATEA AL INFINITO (Galatée À L´infini)
Julia Maura, Mariangela Pluchino, Maria Chatzi, Ambra Reijnen, Fátima Flores Rojas y Julien Mérienne
España-Spain
2017 / 16´
Pigmalión, decepcionado das mulleres do seu tempo, decide crear coas súas propias mans unha femia inmaculada á altura das súas expectativas e do seu rango. A criatura satisfaría os seus praceres e provería de man de obra ao seu reino. Un ensaio visual, que trata da construción discursiva do corpo orgánico a través da xinecoloxía, que emprega o bisturí ideolóxico para moldear xéneros, desexos e sexualidades.
Julia Maura, Mariangela Pluchino, Maria Chatzi, Ambra Reijnen, Fátima Flores Rojas y Julien Mérienne
Todos eles son estudantes do Mestrado en Teoría e Práctica do Documental Creativo da UAB.
FRAGMENT WALL
Jacques Perconte
Francia-France
2017 / 6´
Marie cántalle ao amor mentres camiña polo bosque de Fontainebleau
Jacques Perconte
Jacques Perconte (1974) é un recoñecido director de cinema vangardista francés, artista multimedia e pioneiro na experimentación con compresión de imaxes desde principios do ano 2000. O seu traballo está centrado na paisaxe.
Marie Eskimo
Compositora