
Este ano, o FIC de Verín ofrece unha serie de pases con curtametraxes e películas enfocados aos máis pequenos e pequenas da casa. Unha proposta de lecer familiar que entretén e educa a mirada dos máis cativos. En concreto, poderá verse en Verín o clásico de Disney, Fantasía, do ano 1940.