FIC Vía XIV Logo
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O festival
    • Categorías
    • Catálogos
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Cobertura mediática
      • Informe de cobertura 2019
      • Informe de cobertura 2018
      • Hitos FIC 2018
      • Hitos FIC 2019
    • Trofeos
      • Premio Especial do Público
      • Outros galardóns
    • Contacto
    • Equipo directivo
    • Laureles
    • Equipo de traballo
    • Agradecementos
    • Patrocinadores e colaboradores
  • Bases
  • Actividades paralelas 2020
    • Estrea de entroidar
    • Estrea de Hijas de Galicia, Macorinas
    • Música e cinema a cargo da Banda de Gaitas Nova Era
    • Festival Convidado: Play-Doc
    • Homenaxe a Luis Zahera
    • Frei Chitín
    • Proxección Caminos de Tierra
  • Galería
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Xurado FIC Vía XIV 2020
  • Programación
    • Selección oficial
      • Nova 1
      • Nova 2
      • Nova 3
      • A raia 1
      • A raia 2
      • Outra mirada 1
      • Horizontes 1
      • Horizontes 2
  • Voluntarios
  • Novas
  • GLGL
  • ESES

Unha nave espacial que abduce Verín e os seus edificios máis representativos, idea creativa arredor da que se asenta o cartel ilustrador do FIC Vía XIV 2020

30 Abril, 2020

  • A organización do Festival traballa con normalidad na posta en marcha da vindeira edición do certame, que se celebrará na vila entre o 5 e o 13 de setembro

Verín, 30 de abril de 2020.- A deseñadora Olalla Diéguez Boo é a autora do cartel ilustrador da quinta edición do FIC Vía XIV de Verín, que se celebrará na vila do Támega entre o 5 e o 13 de setembro deste ano. A idea creativa arredor da que se asenta o cartel toma coma eixo temático a ciencia-ficción. Así, a autora presenta unha nave espacial que abduce algúns dos edificios máis representativos de Verín, perfectamente recoñecibles no deseño, coma metáfora do poder da sétima arte, que envolve a vila durante os días que dura o certame.

Segundo a autora do cartel ilustrador, “calquera deseño debe contar unha historia e calquera historia debe ter un protagonista”. Neste sentido, remarca que “eu tiña claro que quería dar protagonismo á vila de Verín”. É por iso que representou no cartel algúns dos edificios máis emblemáticos da localidade como é o caso da casa reitoral.

Normalidade nos preparativos

En canto á organización dos preparativos da quinta edición do certame, o director do FIC Vía XIV, Carlos Montero, destaca que “en principio, estanse a efectuar con relativa normalidade”. A Asociación Cultural Vía XIV traballa pensando que en setembro vai ser posible realizar ofestival e, en todo caso, “calquera decisión final sobre a súa celebración nas datas inicialmente previstas quedaría supeditada a como evolucione a crise sanitaria provocada pola pandemia de coronavirus”.

Sobre a autora do cartel

Olalla Diéguez, nada en 1980, é natural de Matamá (Laza). Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo (1999-2004), está especializada en audiovisual e deseño gráfico, ámbitos nos que desenvolve a súa actividade profesional como freelance. Xunto a isto, traballa de forma interina como grafista na Compañía de Radiotelevisión de Galicia. Non é a primeira vez que Diéguez pon a súa sinatura no deseño dun evento ligado á vila do Támega, pois foi autora do cartel do Entroido de Verín en tres ocasións diferentes.

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Organiza

Vía XIV Festival Internacional de Curtas de Verín

Correo electrónico: info@ficviaxiv.com

Teléfono: 638 077 282

Política de privacidade / Aviso legal / Cookies