- La poesía solo muere cuando termina, dirixida pola verinesa Adelaida Lamas, gaña o Premio Especial do Público
- Judgment, de Filipinas, dirixida por Raymund Ribay, Premio do Xurado á Mellor Curtametraxe da Categoría Oficial Nova
- Our Song to War, coprodución de Bélxica e Colombia dirixida por Juanita Onzaga, Premio do Xurado á Mellor Curtametraxe da Categoría Oficial Outra Mirada
- Bacha Posh, cinta alemá dirixida por Yalda Afsaf e Ginan Seidl, Premio do Xurado á Mellor Curtametraxe da Categoría Oficial Horizontes
- Pele de Luz, curta portuguesa do autor André Guimar, Premio do Xurado á Mellor Curtametraxe da Categoría Oficial A Raia
- Veslemoy,s song, curta de Canadá dirixida por Sophia Bohdanowizc, gaña o Premio Camira da Crítica
Verín, 08 de decembro de 2018.- O Festival Internacional de Curtas de Verín, FIC Vía XIV, finalizou esta noite no Auditorio da vila, no contexto dunha gala chea de emotividade, música e sorpresas. As condutoras do acto, a presentadora de televisión Nieves Rodríguez e a actriz Ledicia Sola, foron as encargadas de desvelar os nomes dos gañadores tras unha semana de votacións e deliberacións. A asistencia e participación no festival e nas súas actividades paralelas, ao longo de toda a semana, foi de “arredor 3.000 persoas”, tal e como revelou no decurso da gala o director do certame, Carlos Montero.
En nome do Concello de Verín, o tenente alcalde Diego Lourenzo, afirmou que esta gala é “unha celebración do cinema” e “unha celebración da cultura”. En referencia á vila, indica que “somos un pobo que non só ama as artes, senón que fai destas un dos seus principais alimentos para seguirmos camiñando e construíndo”. O FIC sitúa a Verín como “un epicentro de cine e cultura”, demostrando, unha vez máis, “que somos unha vila chea de vida”.
Un traballo feito en equipo
Finalmente, o director do Festival de Curtas, Carlos Montero, declarou que desde a organización tentouse “involucrar aos principais axentes socioeconómicos da comarca na engranaxe do festival”, e agradeceu a todo o equipo “o seu traballo, esforzo e implicación e as horas dedicadas en prol do bo funcionamento deste festival”.
Na gala de clausura participou tamén o actor Antonio Durán “Morris”, ao que a organización do FIC Vía XIV rendiu homenaxe este ano coa proxección de varias obras nas que ten participado tales como a curta Unary, que foi o filme inaugural do festival, ou as longametraxes Dhogs e A estación violenta.
Relación de premiados
Durante o acto, desvelouse o nome das curtas premiadas dentro de cada unha das catro categorías do festival (Nova, Outra Mirada, Horizontes e A Raia). As curtas gañadoras nestes apartados foron elixidas por un xurado conformado por Nora Sola, Rafael Cid, Alberto Rolán, Miguel Ribeiro e Ana Gontad. Xunto a isto, entregouse un Premio Especial do Público e un Premio (Camira) da Crítica, que tivo un xurado de seu conformado por Raquel Anido, Tono Mejuto e Noa Castro.
Esta é a listaxe de gañadores:
▪ La poesía solo muere cuando termina, dirixida pola verinesa Adelaida Lamas, Premio Especial do Público
▪ Judgment, de Filipinas, dirixida por Raymund Ribay, premio do Xurado á Mellor Curtametraxe da Categoría Oficial Nova ▪ Our Song to War, coprodución de Bélxica e Colombia dirixida por Juanita Onzaga, premio do Xurado á Mellor Curtametraxe da Categoría Oficial Outra Mirada ▪ Bacha Posh, cinta alemá dirixida por Yalda Afsaf e Ginan Seidl, premio do Xurado á Mellor Curtametraxe da Categoría Oficial Horizontes ▪ Pele de Luz, curta portuguesa do autor André Guimar, premio do Xurado á Mellor Curtametraxe da Categoría Oficial A Raia ▪ Veslemoy,s song, curta de Canadá dirixida por Sophia Bohdanowizc, Premio Camira da Crítica ▪ Fauve, curta de Canadá dirixida por Jérémy Comte, Mención Especial do Xurado |
Deixa unha resposta