FIC Vía XIV Logo
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O festival
    • Categorías
    • Catálogos
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Cobertura mediática
      • Informe de cobertura 2019
      • Informe de cobertura 2018
      • Hitos FIC 2018
      • Hitos FIC 2019
    • Trofeos
      • Premio Especial do Público
      • Outros galardóns
    • Contacto
    • Equipo directivo
    • Laureles
    • Equipo de traballo
    • Agradecementos
    • SPOT 2021
  • Patrocinadores
  • Bases 2022
  • Inscrición
  • Galería
    • Galería 2021
    • Galería 2020
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Voluntarios
  • Novas
  • ESES
  • GLGL
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O festival
    • Categorías
    • Catálogos
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Cobertura mediática
      • Informe de cobertura 2019
      • Informe de cobertura 2018
      • Hitos FIC 2018
      • Hitos FIC 2019
    • Trofeos
      • Premio Especial do Público
      • Outros galardóns
    • Contacto
    • Equipo directivo
    • Laureles
    • Equipo de traballo
    • Agradecementos
    • SPOT 2021
  • Patrocinadores
  • Bases 2022
  • Inscrición
  • Galería
    • Galería 2021
    • Galería 2020
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Voluntarios
  • Novas
  • ESES
  • GLGL

VIA XIV, O Festival Internacional de curtametraxes de Verín busca voluntarios

7 Setembro, 2016

VOLUNTARIOS FIC VERín

A I edición de VIA XIV – Festival Internacional de Curtametraxes de Verín abre o prazo de inscrición de voluntarios para colaborar con este certame, que terá lugar do 5 ao 11 de decembro en Verín. Os seleccionados recibirán un certificado que acredite a súa participación no FIC VERÍN.

Os interesados en formar parte da preprodución e do desenvolvemento do Festival como voluntarios teñen que ser maiores de 18 anos e poden enviar xa a súa solicitude á organización, mediante o cuestionario que se atopa na web oficial do evento: http://ficviaxiv.com/es/voluntarios/

Ser voluntario/a permíteche formar parte do equipo do Festival, participar de forma altruísta nas tarefas propias da posta en marcha e o desenvolvemento da actividades e, ao mesmo tempo, aprender e compartir con outras persoas a paixón pola sétima arte e o compromiso social. Necesítanse persoas para tarefas específicas de Prensa e Comunicación, Redes Sociais, Coordinación de Invitados, Xestión e organización de material e Produción e para traballos de carácter xeral.

Para ser partícipe e colaborar nesta edición do Festival de Curtametraxes non é necesario ningún tipo de requisito, nin ter experiencia previa, tan só ser unha persoa predisposta e amante do cinema que queira colaborar forma altruísta neste certame cinematográfico.

A área de Cultura do Concello de Verín, tras conseguir consolidar propostas de teatro música e cinema na vila, aposta por unha iniciativa audiovisual de primeiro nivel. Trátase de VÍA XIV, o primeiro Festival Internacional de Curtametraxes de Verín. Cun orzamento inicial de 20.000 euros, o festival celebrarase do 5 ao 11 de decembro, co Auditorio Municipal e a Casa da Cultura como epicentros das proxeccións, e estará formada por tres seccións a concurso: Fronteiras, Emigración e Entroido. Paralelamente, organizaranse conferencias temáticas complementarias ás seccións competitivas, un taller de realización de curtos e actividades didácticas audiovisuais para os/as máis pequenos/as. As persoas interesadas en participar no festival poden inscribirse na web www.ficverin.com ata o 31 de outubro.

O equipo de VIA XIV está formado por Emilia Somoza (Coordinadora xeral), Carlos Montero (Coordinador xeral e responsable de Comunicación), Xosé Lois Santiago (Director de Produción), Francisco Naveira (Director Técnico) e Jorge Godás (Medios Dixitais e Publicidade).

VIA XIV concederá os seguintes premios, con dotación económica e galardóns:

  • Premio do xurado á Mellor Curtametraxe Categoría Entroido: 1000 euros e Trofeo.
  • Premio do xurado á Mellor Curtametraxe Categoría Emigración: 1000 euros e Trofeo.
  • Premio do xurado á Mellor Curtametraxe Categoría Fronteira: 1000 euros e Trofeo.
  • Premio do xurado ao Mellor Guión: 600 euros e Trofeo.
  • Premio do xurado ao Mellor Actor: 600 euros e Trofeo.
  • Premio do xurado á Mellor Actriz: 600 euros e Trofeo.
  • Premio do xurado ao Mellor Director: 600 euros e Trofeo.
  • Premio do público á Mellor curtametraxe: 600 euros e Trofeo

 

 

 

 

 

 

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vía XIV Festival Internacional de Curtas de Verín

Correo electrónico: info@ficviaxiv.com

Teléfono: 638 077 282

Política de privacidade / Aviso legal / Cookies