2222
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O festival
    • Categorías
    • Catálogos
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Cobertura mediática
      • Informe de cobertura 2019
      • Informe de cobertura 2018
      • Hitos FIC 2018
      • Hitos FIC 2019
    • Trofeos
      • Premio Especial do Público
      • Outros galardóns
    • Contacto
    • Equipo directivo
    • Laureles
    • Equipo de traballo
    • Agradecementos
    • SPOT 2021
  • Patrocinadores
  • Bases 2022
  • Actividades paralelas
    • Festival convidado: Galician Freaky Film Festival
    • Proxección de Mauthausen, regreso ao campo da morte
    • Sopa Cómica
    • Entroido, outras miradas
  • Galería
    • Galería 2021
    • Galería 2020
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Programación
    • A RAIA
    • NOVA
    • HORIZONTES
  • Novas
  • ESES
  • GLGL
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O festival
    • Categorías
    • Catálogos
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Cobertura mediática
      • Informe de cobertura 2019
      • Informe de cobertura 2018
      • Hitos FIC 2018
      • Hitos FIC 2019
    • Trofeos
      • Premio Especial do Público
      • Outros galardóns
    • Contacto
    • Equipo directivo
    • Laureles
    • Equipo de traballo
    • Agradecementos
    • SPOT 2021
  • Patrocinadores
  • Bases 2022
  • Actividades paralelas
    • Festival convidado: Galician Freaky Film Festival
    • Proxección de Mauthausen, regreso ao campo da morte
    • Sopa Cómica
    • Entroido, outras miradas
  • Galería
    • Galería 2021
    • Galería 2020
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Programación
    • A RAIA
    • NOVA
    • HORIZONTES
  • Novas
  • ESES
  • GLGL

A canteira do FIC Vía XIV dá froitos coa estrea de Capuchóns, un traballo de Íñigo Rolán Taboada

8 Setembro, 2021

  • O autor verinés, que colaborou en diferentes edicións do certame de curtas de Verín durante o pasado, elaborou este proxecto como traballo de fin de grao
  • Hoxe tamén puido verse no Auditorio de Verín unha selección de curtas do Tempo Documentary Festival, certame cinematográfico sueco que é o festival convidado polo FIC Vía XIV nesta edición

Verín, 08 de setembro 2021.- Hoxe estreouse no Auditorio de Verín Capuchóns, unha curta documental sobre o Entroido de Verín, dirixida por Íñigo Rolán Taboada como proxecto de fin de grao. Rolán Taboada é verinés e colaborou en diferentes edicións do FIC Vía XIV de Verín, o que evidencia que a canteira do certame comeza a dar os seus froitos.

Nesta peza, de 13 minutos, recupérase a través de imaxes de arquivo inéditas e testemuñas dos protagonistas do carnaval a esencia desta festa durante os anos 70, 80 e 90. A curta aborda unha época na que as celebracións mantiñan un carácter enxebre, na que a fariña estaba presente todos os días e na que as carrozas non lucían só o Domingo de Entroido. Un manifesto a prol da volta a unhas tradicións que se perderon desde hai moito anos debido á visión máis turística que colleu o Carnaval de Verín.

Tempo Documentary Festival

Xunto a isto, hoxe puido verse en Verín unha selección de curtas do Tempo Documentary Festival de Suecia, un foro cinematográfico que este ano é o festival convidado polo FIC Vía XIV. O certame escandinavo acadou neste 2021 a súa XXII edición e erixiuse, ao longo de todo este tempo, coma un foro único para a presentación de traballos documentais internacionais.

A selección de curtas deste festival sueco que puido verse en Verín incluíu os títulos A mother´s body; Between these folded walls, Utopia; Lihkku!; Obituary e Voices of our time. Simón Revilla, director dunha destas curtas (Obituary) achegouse ata Verín para compartir co público aspectos da rodaxe da curta.

Iñigo Rolán

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vía XIV Festival Internacional de Curtas de Verín

Correo electrónico: info@ficviaxiv.com

Teléfono: 638 077 282

Política de privacidade / Aviso legal / Cookies