
A memoria da raia
O documental A memoria da raia, realizado por tres mozas naturais da comarca de Monterrei, exhibiuse recentemente en Verín con gran éxito de público. Trátase dun traballo que amosa a solidariedade existente na frontera entre Galicia e Portugal e aborda as características culturais, económicas e políticas do feito fronteirizo na zona sur de Ourense.
Miriam González, natural de Medeiros (Concello de Monterrei); Iris Justo, de Verín e Andrea Pérez, de Albarellos de Monterrei son as tres realizadoras da obra e todas elas participarán nesta actividade paralela do FIC Vía XIV, que mestura disciplinas artísticas nas que fotografía, video e ilustración ofrecerán unha experiencia multisensorial nun emprazamento singular.
A persoa participante é quen recreará as historias, puidendo interactuar en diferentes puntos do argumento sen necesidade de seguir a continuidade marcada polo proxecto. Deste xeito, preténdese amosar a outra parte do traballo a través dunha concepción da arte coma unha ferramenta útil para promover a acción individual e colectiva fronte a historia de A memoria da raia.