A realidade palestino-israelí chega a Verín no marco do FIC Vía XIV

Festival Internacional de Curtas de Verín Vía XIV

  • Hoxe desenvolveuse una actividade paralela ao abeiro da cal se amosou o traballo realizado polo colectivo B’Tselem.

 

Verín, 07 de decembro de 2018.- O conflito palestino-israelí trátase en Verín no marco do FIC Vía XIV 2018. Hoxe celebrouse no Auditorio unha actividade paralela á proxección de curtas, na que Gonzalo Veloso, programador do festival, e Miguel Ribeiro, un dos membros do xurado,  abordaron o funcionamento do Centro de Información Israelí para os Dereitos humanos nos territorios ocupados, B’Tselem.

B’Tselem esfórzase por rematar coa ocupación en Israel, recoñecendo que esta é a única maneira de lograr un futuro que garanta a liberdade e a igualdade para todas as persoas que viven entre o río Xordán e o mar Mediterráneo. Dende a súa fundación, hai máis de 25 anos, esta organización dedicouse a documentar as violacións por parte dos israelís dos dereitos humanos en Cisxordania e a Franxa de Gaza.

O fin da ocupación como esixencia principal      

Actualmente, esta organización independente e non partidista esixe que remate o control por parte do goberno israelí das zonas ocupadas. Ademais disto, tamén regala cámaras e ensina a filmar aos cidadáns palestinos para que rexistren o seu día a día e dean conta da situación real que viven. O resultado son clips virais de Youtube que mostran accións tales como a execución de civís e que forman parte das proxeccións nas que se apoiou o coloquio.

Precisamente este foi un dos asunto que Gonzalo Veloso destacou durante o debate, o valor de dotar dunha ferramenta de comunicación tan masiva a unha comunidade silenciada por un estado invasor, xa que doutra forma non poderiamos ver a realidade dende o punto de vista dos oprimidos.

Leave a comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *