FIC Vía XIV Logo
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O festival
    • Categorías
    • Catálogos
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Cobertura mediática
      • Informe de cobertura 2019
      • Informe de cobertura 2018
      • Hitos FIC 2018
      • Hitos FIC 2019
    • Trofeos
      • Premio Especial do Público
      • Outros galardóns
    • Contacto
    • Equipo directivo
    • Laureles
    • Equipo de traballo
    • Agradecementos
    • SPOT 2021
  • Patrocinadores
  • Bases 2022
  • Actividades paralelas
    • Festival convidado: Galician Freaky Film Festival
    • Proxección de Mauthausen, regreso ao campo da morte
    • Sopa Cómica
  • Galería
    • Galería 2021
    • Galería 2020
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Programación
    • A RAIA
    • NOVA
    • HORIZONTES
  • Novas
  • ESES
  • GLGL
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O festival
    • Categorías
    • Catálogos
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Cobertura mediática
      • Informe de cobertura 2019
      • Informe de cobertura 2018
      • Hitos FIC 2018
      • Hitos FIC 2019
    • Trofeos
      • Premio Especial do Público
      • Outros galardóns
    • Contacto
    • Equipo directivo
    • Laureles
    • Equipo de traballo
    • Agradecementos
    • SPOT 2021
  • Patrocinadores
  • Bases 2022
  • Actividades paralelas
    • Festival convidado: Galician Freaky Film Festival
    • Proxección de Mauthausen, regreso ao campo da morte
    • Sopa Cómica
  • Galería
    • Galería 2021
    • Galería 2020
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Programación
    • A RAIA
    • NOVA
    • HORIZONTES
  • Novas
  • ESES
  • GLGL

A VII edición do FIC Vía XIV de Verín desenvolverase do 30 de agosto ao 04 de setembro de 2022

17 Decembro, 2021

  • As bases da nova edición do certame xa poden consultarse na web ficviaxiv.com
  • A organización anunciou importantes cambios na estrutura do festival enfocados a «achegarse o mellor posible aos nosos públicos»

Verín, 17 de decembro de 2021.- A VII edición do FIC Vía XIV de Verín desenvolverase na vila do Támega entre os vindeiros 30 de agosto e 04 de setembro de 2022. “Deste xeito, dase continuidade a unha iniciativa cultural perfectamente incardinada xa, logo de tantas edicións, na axenda de ocio e lecer de Verín”, destaca o director do certame, Carlos Montero.

Segundo adiantou Montero a sétima edición do festival presentará importantes novidades. «Tamén se reestruturará a axenda do certame aumentando o número de eventos e proxeccións nos días de máis audiencia e suprimindo as xornadas que, co paso dos anos, teñen menos afluencia de público.

«Forma parte da natureza dun proxecto vivo coma o noso repensarnos a nós mesmos en cada edición. Cos anos, case dun xeito orgánico, fomos adaptando a estrutura do Festival para achegarnos mellor aos nosos públicos. Todo isto levounos a prantexarnos unha VII edición moito máis intensa en programación, que implica unha redución de xornadas, pero tamén un aumento do número de eventos e proxeccións. Serán cinco días nos que Verín se convertirá nun punto de encontro vivo entre público e artistas con máis de oito horas continuas diarias de actividades pensadas para todo tipo de públicos.», expicou Montero.

Unha das modificación máis destacadas seráa sección a concurso “Outra Mirada”, concibida orixinalmente para mostrar traballos sobre o  Entroido, que cambiará de formato transformándose nun conxunto de actividades multidisciplinares  cuxo eixo central será o  Entroido.

As curtas que se presenten a concurso na edición de 2022 teñen que cumprir o requisito de ter sido realizadas con posterioridade a xaneiro de 2020. A participación no concurso é aberta e pode participar nel calquera persoa, amateur ou profesional, de calquera nacionalidade. Aceptaranse unicamente películas inferiores a 31 minutos e a organización decidirá en que categoría encadrará cada filme.

Taxas e inscricións

Non se aceptarán videos publicitarios ou comerciais e as obras enviadas con anterioridade ao FIC Vía XIV quedan excluidas. A taxa de inscrición da candidatura é de tres euros e farase a través dunha plataforma tipo Festhome, que será anunciada no seu momento.

Para a súa posible preselección, as obras deben subirse no seguinte formato: MPEG4 AVC (codec H264), taxa máxima de transferencia de bits de 3000 kbps, audio: AAC., subtítulos incrustados e resolución mínima de 480 p. As películas en idiomas diferentes ao castelán ou galego deberán incluir subtítulos en castelán, galego ou inglés.

Deste xeito, en 2022 as curtas a concurso encadraranse nas categorías Horizontes, baseada na idea do horizonte como metáfora das migracións; A Raia, na que se incluirán producións realizadas a ambas as dúas beiras do Miño e Nova, unha categoría xeral que recollerá filmes máis contemporáneos. Establécese un premio de 750 euros por cada categoría e un de 600 euros, que outorgará o público coas súas puntuacións.

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vía XIV Festival Internacional de Curtas de Verín

Correo electrónico: info@ficviaxiv.com

Teléfono: 638 077 282

Política de privacidade / Aviso legal / Cookies