4 de decembro / 17:00 / Auditorio

O equipo de rodaxe do documental Terra de leite e mel impartirá unha clase maxistral na que se abordará a problemática de como se puede construír unha obra cinematográfica, cun estilo e unha estética propias, tratando unha realidade tan sumamente conflitiva e delicada como é a dos desprazamentos humanos provocados por conflitos bélicos.
Partindo desta evidencia que, dalgún xeito, inspira o título do documental, a película medita sobre o propio concepto de terra prometida. Onde se sitúa para o refuxiado, para o desprazado, ese paraíso? Pertence ao destino que o afasta do perigo? Ou forma parte dun pasado idealizado, feliz? É, tal vez, a infancia?
Actividade patrocinada por AGADIC
O foro tratará estas cuestións amosando exemplos concretos: fragmentos da película a través dos que se explicará porque se tomaron determinadas decisións de montaxe. Ademais, abordarase como se estableceu contacto con cada un dos protagonistas da película e canto tempo dedicou o equipo a estar con eles.
Xunto a isto, os participantes explicarán as diferentes fases de rodaxe da película, desde a xestación da idea ata a fase de montaxe na que se atopan na actualidade. Para finalizar, esta actividade contará cun debate moderado por Rafael Cid, xornalista verinés.
Participantes
Gonzalo Recio: Estuda Dirección de Cine e Televisión na Escola TAI de Madrid. Despois traballa en Castilla -La Mancha TV para a productora Balinaboola, S.L, como operador de cámara e realizador do programa UVP, onde permanece durante cinco tempadas. En 2013 crea Zerkalo Films, S.L, produtora para a que traballa desde entón como director de fotografía, operador de cámara e editor.
Carlos Mora: Estuda a carreira de Ciencias Ambientais. Pouco despois abandona este camiño polo cinema e comeza os seus estudos en Dirección de Cine na Escola TAI de Madrid. Á vez que estuda, traballa na produtora Bambú Producciones, na serie de TV “Gran Hotel”. Tamén colabora en numerosos spots publicitarios para grandes multinacionais. Unha vez rematados os seus estudos de cinema, traballa no departamento de produción e arte de grandes producións, tales como “Xogo de Tronos” e “The man who killed Don Quixote”, última longametraxe de Terry Gilliam.
Héctor Domínguez: En 2008 obtén a súa diplomatura en Dirección Cinematográfica na Escola TAI (Madrid). En 2010 remata outra diplomatura, esta vez en Guión de Cinema, tamén na Escola TAI. Traballa como guionista para diferentes produtoras tanto no ámbito nacional coma internacional, entre as que destacan: Ganga Producciones, produtora da serie “Cuéntame como pasó” e Argos Comunicación, en México DF, produtora da serie “Capadoccia” (HBO), entre outras. No ano 2013, funda a súa produtora Zerkalo Films xunto a Andrés Díaz, Sergio Martínez e Gonzalo Recio. No ano 2015, escribe e dirixe o que é a súa última curtametraxe ata a data: O Pozo, protagonizado por Aitana Sánchez-Gijón.
Rafael Cid: Xornalista verinés, director da delegación galega de RTVE, autor de documentais e cunha gran experiencia en TV.