Festival convidado: Animacam
O Animacam Animation Film Festival (animacam.tv) é unha iniciativa nada en Ourense hai case oito anos que se singulariza por constituír o primeiro festival internacional online de curtas de animación do mundo. Independente e de balde, este festival engloba obras tanto de autores recoñecidos coma de novéis e dá cabida a unha ampla variedade de xéneros e técnicas de animación.
Con máis de dous millóns de seguidores dos cinco continentes, o Animacam Animation Film Festival é o festival convidado no Fic Vía XIV de Verín 2018. Deste xeito recoñécese a magnífica traxectoria deste certame e ponse en valor o traballo dos seus artífices, un equipo encabezado polo seu director, Xosé Luis Martínez Carneiro, quen impartirá ademais no Festival de Verín unha masterclass enfocada ao sector profesional na que explicará as claves e particularidades da organización dun certame de cinema online.
No Fic Vía XIV poderase ver a seguinte selección de curtas proxectadas no marco de Animacam:

TÍTULO: BANGO VASIL.
Director: MilenVitanov
Productor: TalkingAnimalsBerlin
País: Bulgaria/Alemaña
Ano: 2016
Duración: 8’43”
Xénero: Infantil/Comedia
Sinopse: Historia dun inesperado e diferente Aninovo. A viaxe de dous nenos. A viaxe de dous nenos a ombros dun xigante e o comezo dunha bonita amistade.

TÍTULO: THE EDGE.
Director: Alexandra Averyanova
Produtora: Nadezhda Kuznetsova
País: Rusia
Ano: 2016
Duración: 12’00”
Xénero: Infantil/Melodrama
Sinopsis: Unha anciá vive nunha pequena estación, onde o único evento do seu día a día é o tren que pasa sen facer parada.

TÍTULO: AMÉLIA & DUARTE.
Directoras: Monica Santos, Alice Guimaraes
Produtores: AbiFeijó, Thomas Meyer Hermann
País: Portugal/Alemaña
Ano: 2016
Duración: 8’17”
Xénero: Drama
Sinopsis: Dúas persoas desenamoradas tentan lidiar cos sentimentos que teñen unha vez a súa relación rematou.

TÍTULO: GROUNDED.
Director: Lucas Durkheim
Produtor: Antonio Valente
País: Francia
Ano: 2016
Duración: 4’10”
Xénero: Drama
Sinopse: Un soldado sen experiencia é enviado a un posto de vixilancia no medio de deserto.

TÍTULO: THE MECHANICAL WALTZ.
Director: Julien Dykmans
Produtor: JulienDykmans
País: Bélxica
Ano: 2015
Duración: 5’47”
Xénero: Fantasía
Sinopse: Marionetas que viven nun mundo totalitarista. Están destinadas a seguir a rutina marcada polos seus mestres ata que se liberan.

TÍTULO: I SAID I WOULD NEVER TALK ABOUT POLITICS.
Director: Aitor Oñederra
Produtor: Aitor Oñederra
País: España
Ano: 2015
Duración: 10’31”
Xénero: Fantasía
Sinopse: Don Mariano acode a un famoso restaurante cuxa especialidade son as carnes vermellas e de calidade, baixas en graxas e colesterol.

TÍTULO: THE INVISIBLE ELEPHANT.
Director: AnastasiyaSokolova
Produtora: Irina Snezhinskaya
País: Rusia
Ano: 2015
Duración: 7’45”
Xénero: Fantasía
Sinopse: Reflexión sobre a infancia e o marabilloso lado infantil que permanece para sempre nos nosos corazóns.

TÍTULO: GRANDMA’S HERO.
Director: CorentinMonnier, Ben Ozeri
Produtor: The Animation Workshop
País: Dinamarca
Ano: 2015
Duración: 7’16”
Xénero: Aventuras
Sinopse: Un Cabaleiro recén graduado emprende unha viaxe para demostrar que é un heroe. A súa avoa decide unirse á súa aventura, para a súa desgraza.