2222
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O festival
    • Categorías
    • Programa 2022
    • Catálogos
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Cobertura mediática
      • Informe de cobertura 2019
      • Informe de cobertura 2018
      • Hitos FIC 2018
      • Hitos FIC 2019
    • Trofeos
      • Premio Especial do Público
      • Outros galardóns
    • Membros do xurado FIC 2022
    • Contacto
    • Equipo directivo
    • Laureles
    • Equipo de traballo
    • Agradecementos
    • SPOT 2021
  • Patrocinadores
  • Bases 2022
  • Actividades paralelas
    • Festival convidado: Galician Freaky Film Festival
    • Proxección de Mauthausen, regreso ao campo da morte
    • Sopa Cómica
    • Entroido, outras miradas
    • Zona Roombo
      • Cata e maridaxe cos viños da D.O Monterrei
      • Podcast especial de Irmandades da Cuadra
      • HOP & ROLL – Experiencia gastronómica e actuación do DJ Gustavo Rey e Oscar Piñeiro
      • Actuación do Colectivo Salitre
      • Encontro de Vespas, Lambrettas e motos clásicas
      • Concertos das bandas En Mala Hora e Jesus the Snake
    • Gala inaugural
    • Acto de clausura
  • Galería
    • Galería 2022
    • Galería 2021
    • Galería 2020
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Programación
    • Programa 2022
    • A RAIA 1
    • A RAIA 2
    • NOVA 1
    • NOVA 2
    • HORIZONTES 1
    • HORIZONTES 2
  • Novas
  • ESES
  • GLGL
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O festival
    • Categorías
    • Programa 2022
    • Catálogos
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Cobertura mediática
      • Informe de cobertura 2019
      • Informe de cobertura 2018
      • Hitos FIC 2018
      • Hitos FIC 2019
    • Trofeos
      • Premio Especial do Público
      • Outros galardóns
    • Membros do xurado FIC 2022
    • Contacto
    • Equipo directivo
    • Laureles
    • Equipo de traballo
    • Agradecementos
    • SPOT 2021
  • Patrocinadores
  • Bases 2022
  • Actividades paralelas
    • Festival convidado: Galician Freaky Film Festival
    • Proxección de Mauthausen, regreso ao campo da morte
    • Sopa Cómica
    • Entroido, outras miradas
    • Zona Roombo
      • Cata e maridaxe cos viños da D.O Monterrei
      • Podcast especial de Irmandades da Cuadra
      • HOP & ROLL – Experiencia gastronómica e actuación do DJ Gustavo Rey e Oscar Piñeiro
      • Actuación do Colectivo Salitre
      • Encontro de Vespas, Lambrettas e motos clásicas
      • Concertos das bandas En Mala Hora e Jesus the Snake
    • Gala inaugural
    • Acto de clausura
  • Galería
    • Galería 2022
    • Galería 2021
    • Galería 2020
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Programación
    • Programa 2022
    • A RAIA 1
    • A RAIA 2
    • NOVA 1
    • NOVA 2
    • HORIZONTES 1
    • HORIZONTES 2
  • Novas
  • ESES
  • GLGL

Bases 2022

Bases de participación no Concurso de Curtas do FIC Vía XIV 2022

  1. As curtametraxes que se presenten a concurso deben estar realizadas en datas posteriores a xaneiro de 2020.
  1. A participación no concurso é aberta e pode participar nel calquera persoa amadora ou profesional de calquera nacionalidade.
  1. Valorarase que as obras a concurso sexan estreas españolas. O historial de exhibicións constará nas observacións da ficha de inscrición.
  1. Aceptaranse películas cunha duración inferiores aos 31 minutos de calquera xénero. A organización decidirá en que categoría considera incluír cada filme e comunicaránllelo aos autores antes de pechar a programación.
  1. Cada autor, produtora ou distribuidora poderá facer todas as inscricións que considere oportunas, pero a organización non aceptará envíos masivos.
  1. No caso de obter algún dos premios outorgados polo Festival, os premiados incluirán unha referencia escrita do amentado premio ao inicio de todas as copias da película que distribúan para a súa exhibición en salas comerciais e/ou en certames audiovisuais, así como en todo o material informativo. Esta referencia consistirá nun texto co tipo de premio outorgado, acompañado invariablemente da imaxe corporativa (logotipo e nome) do Festival Internacional de Verín VIA XIV, o cal será facilitado pola organización.
  1. Non se aceptarán obras enviadas anteriormente ao FIC Vía XIV.
  1. Os vídeos publicitarios e/ou comerciais quedarán excluídos.
  1. A taxa de inscrición por curtametraxe no FIC Vía XIV será a seguinte: 4 euros

 

  1. O pagamento farase a través de Plataforma (tipo Festhome, etc.) ou de PayPal. A inscrición só será efectiva ao comprobar o ingreso da taxa.
  2. Para a súa preselección, as obras deben ser subidas no seguinte formato:

- MPEG4 AVC (codec H264).
- Taxa máxima de transferencia de bits: 3000 kbps
- Audio: AAC.
- Subtítulos incrustados.
- Resolución mínima: 480 p

10. As películas en idiomas diferentes ao castelán ou ao galego deberán incluír subtítulos en castelán, galego ou inglés.

11. Todas as curtametraxes deberán ter o seguinte formato de proxección:
- AVI, MOV, MP4 o MPEG (codec H264)
- Bitratemax 8000 kbps
- Audio AAC estéreo.

- Resolución: 720 x 576 o superior.
- Subtítulos:  As curtas que non teñan como idioma orixinal o castelán ou o galego, deberán enviarse con subtítulos incrustados na imaxe en galego ou castelán. De non ser así, deberá enviarse un arquivo anexo de subtítulos en inglés, preferentemente en formato srt.

12. O festival resérvase o dereito de transformación de formato de calquera curta que non cumpra os requisitos técnicos e de proxección expresados nas bases ou de calidade de proxección mínima esixible.

13. Así mesmo, calquera curta que precise un tipo de necesidade técnica e de proxección propia (Betacam, S-8, S-16, etc) será avaliada e autorizada pola organización do Festival.

14. Debido á actual situación sanitaria, e co obxectivo de lle asegurar ao noso público a proxección das películas, se as restricións derivadas da pandemia non permitisen realizar pases presenciais, a organización resérvase a opción de crear unha sala online de proxección a través da plataforma festhome.

Características técnicas: a sala online contará co máis alto estándar de seguridade con encriptación e protección DRM e a programación estará aberta só durante o festival, xeobloqueada a nivel estatal e para un máximo de 400 persoas por pase (capacidade do noso Auditorio Municipal, sala de proxección do FIC Vía XIV).

15. No caso de ser seleccionada unha curtametraxe, o seu representante legal deberá enviar tres imaxes, tráiler da obra e calquera outro material que considere oportuno para a súa utilización nas publicacións do Festival, en calquera dos medios empregados. Deberá, ademais, autorizar a utilización do tráiler para a difusión do Festival e das propias obras.

16. O festival só contactará cos representantes das películas seleccionadas. O horario de proxección de cada curtametraxe, así como das actividades paralelas, anunciarase semanas antes do comezo do festival na nosa web e nas nosas redes sociais.

17. O Festival non pagará dereitos de exhibición das películas seleccionadas.

18. As obras seleccionadas serán exhibidas dentro da programación da VII Edición do Festival Internacional de Curtas Vía XIV de Verín que se celebrará entre o 31 de agosto e o 4 de setembro de 2022.

19. O FIC Vía XIV de Verín aceptará obras en tres categorías temáticas:

  • HORIZONTES. Categoría que incidirá na idea do horizonte como liña imaxinaria e invisible, afastada e inalcanzable, de gran violencia emocional e simbólica como metáfora da migración. Por outra banda, o horizonte como liña que separa o aquí do alá, como unha sorte de fronteira entre o lugar no que estamos e calquera outro.
  • A RAIA. Algúns dos mellores filmes do mundo son feitos dende as beiras dun río pequeno e silencioso. Dada a singularidade do noso territorio, o val do Támega dividido pola Raia, e da nosa historia de emigración e fronteira con todos os seus significados nas dúas beiras, esta categoría acollerá curtas de cineastas de Galicia e de Portugal.
  • NOVA. Serán seleccionadas curtas que, pola súa temática, non encaixen nos dous apartados anteriormente descritos. É unha categoría xeral que recollerá filmes contemporáneos, cine de autor e obras que non se rexen por formatos industriais obsoletos.

20. Establécense os seguintes premios:

    • Premio do Xurado á Mellor Curtametraxe da Categoría Oficial 

HORIZONTES: 750€ e trofeo.

    • Premio do Xurado á Mellor Curtametraxe da Categoría Oficial A RAIA: 750€ e trofeo.
    • Premio do Xurado á Mellor Curtametraxe da Categoría Oficial NOVA: 750€ e trofeo.
    • Premio do público á Mellor Curtametraxe: 600€ e trofeo.

21. Do importe dos premios descontaranse os gastos de transferencia da contía do premio a cada gañador (no caso de que os houbese)

Documentación necesaria para o cobro do premio: Recibín e Certificado de dirección fiscal ou documento análogo. Período estimado de cobro: 180 días.

22. No caso de empate entre dúas curtas (ex aequo), o premio será dividido entre os gañadores.

A contía económica dos premios está suxeita ás retencións que determine a lexislación fiscal española vixente no momento do seu abono e entenderase, en todo caso, incluídas na asignación económica dos citados premios.

23. Os premios están suxeitos ás retencións fiscais de cada país que por lei estean vixentes no momento no que se celebre o Festival (setembro de 2022).

24. Se o departamento de Produción non dese contactado con algún dos representantes das obras premiadas nun prazo de 180 días e/ou non lle facilitasen os documentos fiscais descritos nestas bases para abonar o premio, a organización resérvase o dereito de non abonar o importe. (A contar dende a gala de entrega de premios do festival).

25. Só se fará entrega do trofeo físico se acode algún membro do equipo a recoller o premio á gala final de maneira presencial. De non ser así, os interesados en que lles sexa enviado (a portes debidos) deberán comunicalo expresamente.

26. Os representantes legais das curtametraxes comprométense a presentar obras cuxos contidos sexan orixinais e cuxos dereitos lles pertenzan. A organización non se fai responsable de problemas ulteriores neste sentido.

27. A presentación dunha curtametraxe implica, por parte do participante, a cesión non privativa do material á entidade organizadora para o seu uso nas diferentes actividades programadas do festival durante o ano.

28. As obras gañadoras poderán ser exhibidas integramente despois da celebración do evento, nun circuíto de actos promocionais do Festival de Curtas Vía XIV de Verín, así como en ciclos externos, nomeando sempre ao representante legal. Non será necesario que a dirección do festival lle solicite permiso para a proxección da película ao seu representante legal. De todos os xeitos, si será comunicada a data, a hora e o lugar da mesma.

29. O xurado estará formado por profesionais dos ámbitos do cine, da cultura e da arte. O xurado poderá establecer tantas mencións especiais, accésits e premios ex aequo como considere, así como declarar desertos os premios. A súa decisión será inapelable.

30. Para o premio do público, as votacións efectuaranse mediante a papeleta que se lles dará aos asistentes antes de cada sesión. Será a gañadora a obra con mellor media.

31. Ao efectuar a inscrición dunha obra, a persoa que a inscribe (director, produtor, responsable da inscrición…) acepta de forma irrevogable as regras expostas pola dirección do Festival nas bases de participación. E non poderá retirar en ningún caso da programación o seu traballo seleccionado polo Comité de selección.

32. O equipo directivo resérvase o dereito de modificar ou ampliar as súas bases de participación, facéndoas públicas con anterioridade ao inicio do Festival.

33. No caso de conflito imprevisto ou de que estas normas non se cumpran convenientemente, a dirección do Festival conserva a súa soberanía e resérvase a potestade da última decisión.

Vía XIV Festival Internacional de Curtas de Verín

Correo electrónico: info@ficviaxiv.com

Teléfono: 638 077 282

Política de privacidade / Aviso legal / Cookies