- Preto de 300 rapaces de diversos centros educativos da comarca participaron esta mañá no Auditorio de Verín na iniciativa “Cinema de historias”
- Esta actividade paralela, respaldada pola Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín, terá continuidade mañá e pasado
Verín, 03 de decembro de 2018.- Preto de 300 escolares de diversos centros educativos de Verín participaron esta mañá, no Auditorio da vila, na iniciativa “Cinema de historias”, unha das actividades paralelas concibidas ao abeiro do FIC Vía XIV 2018. O obxectivo desta acción, que terá continuidade ata o mércores, é o de inculcar a cultura cinematográfica e os seus valores entre os máis pequenos.
Esta actividade paralela desenvólvese grazas ao apoio da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín. A contacontos Raquel Queizás é a encargada de dirixila e para iso céntrase na figura de AliceGuy, a nai do cinema. Será a súa persoa a que esperte entre os cativos a curiosidade pola orixe da sétima arte.
Unha muller fascinante, inxustamente esquecida
Guy foi unha muller fascinante inxustamente esquecida, a primeira persoa en dirixir cinema de ficción contando unha historia. Ademais foi actriz, guionista, deseñadora de vestiario, cámara, produtora, cómica e maga.
Tamén, ao abeiro desta actividade, os máis pequenos realizarán un percorrido pola historia do cine para coñecer os diferentes xéneros cinematográficos vendo fragmentos de películas de aventuras, de ciencia ficción, de fantasía, animación, drama ou comedia, entre outros xéneros.
Deixa unha resposta