LOGO FIC VIA XIV_N
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O FIC como faro de pensamento crítico
    • Categorías
    • Catálogos
      • 2023
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2023
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Membros Xurado 2023
    • Contacto
    • Patrocinadores
    • Equipo directivo
    • Equipo de traballo
    • Laureles
  • Curtas 2023
    • A RAIA
      • A RAIA 1
      • A RAIA 2
    • HORIZONTES
      • HORIZONTES 1
      • HORIZONTES 2
      • HORIZONTES 3
    • NOVA
      • NOVA 1
      • NOVA 2
    • INFANTIL
      • INFANTIL 1
  • Programación 2023
  • Actividades 2023
    • Un viaje hacia nosotros: Documental con Pepe Viyuela
    • Encerrona
    • Concurso de escaparatismo
    • Un rural cheo de audiovisual
    • Curtas-Festival do Imaxinario Vilagarcía de Arousa
      • Curtas Festival Convidado 
    • Interpretación ante a cámara
    • Caspervek: curtametraxes musicalizadas
    • Obradoiro sobre Intelixencia Artificial (IA)
    • Actividade Infantil
    • Mesa Proxecta
    • Relatorio: Cineclubes en Verín
    • Concertos
    • Foco local
    • O Podcast do FIC
    • HOP & ROLL – Cata de cervexas premium e actuación do DJ Gustavo Rey
    • Pincho cine
    • Degustación de viños: Túnel do Viño da D.O. Monterrei
    • Concurso de pintura
    • Proxección da curta Enferma
    • Sesión vermú
    • Gala final
  • Bases 2023
    • Bases Escaparatismo 2023
    • Bases concurso de pintura
  • Novas
  • Galería
    • Galería 2023
    • Galería 2022
    • Galería 2021
    • Galería 2020
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Voluntarios
  • ESES
  • GLGL
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O FIC como faro de pensamento crítico
    • Categorías
    • Catálogos
      • 2023
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2023
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Membros Xurado 2023
    • Contacto
    • Patrocinadores
    • Equipo directivo
    • Equipo de traballo
    • Laureles
  • Curtas 2023
    • A RAIA
      • A RAIA 1
      • A RAIA 2
    • HORIZONTES
      • HORIZONTES 1
      • HORIZONTES 2
      • HORIZONTES 3
    • NOVA
      • NOVA 1
      • NOVA 2
    • INFANTIL
      • INFANTIL 1
  • Programación 2023
  • Actividades 2023
    • Un viaje hacia nosotros: Documental con Pepe Viyuela
    • Encerrona
    • Concurso de escaparatismo
    • Un rural cheo de audiovisual
    • Curtas-Festival do Imaxinario Vilagarcía de Arousa
      • Curtas Festival Convidado 
    • Interpretación ante a cámara
    • Caspervek: curtametraxes musicalizadas
    • Obradoiro sobre Intelixencia Artificial (IA)
    • Actividade Infantil
    • Mesa Proxecta
    • Relatorio: Cineclubes en Verín
    • Concertos
    • Foco local
    • O Podcast do FIC
    • HOP & ROLL – Cata de cervexas premium e actuación do DJ Gustavo Rey
    • Pincho cine
    • Degustación de viños: Túnel do Viño da D.O. Monterrei
    • Concurso de pintura
    • Proxección da curta Enferma
    • Sesión vermú
    • Gala final
  • Bases 2023
    • Bases Escaparatismo 2023
    • Bases concurso de pintura
  • Novas
  • Galería
    • Galería 2023
    • Galería 2022
    • Galería 2021
    • Galería 2020
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Voluntarios
  • ESES
  • GLGL

Directores convidados pola organización do FIC Vía XIV a Verín coñecen o potencial do territorio amparado baixo o selo de calidade da D.O. Monterrei 

13 Setembro, 2023

  • Nunha visita organizada polo Consello Regulador desta Denominación de Orixe, entidade colaboradora do certame, unha comitiva de máis de media ducia de persoas percorreu diferentes lugares emblemáticos e lagares do Concello de Oímbra
  • A visita finalizou cunha cata comentada nas instalacións da D.O. Monterrei, en Verín, na que os asistentes puideron degustar algunhas das referencias vinícolas máis salientables da comarca

 

Un grupo de convidados pola organización do FIC Vía XIV a Verín para participar nas diferentes actividades que se promoven ao abeiro do certame, entre os que se atopaban algúns directores de curtas que se presentan oficialmente a concurso este ano, participaron esta mañá nunha visita organizada a algúns puntos claves do territorio amparado baixo o selo de calidade da D.O. Monterrei.

Nunha visita guiada por Natalia González, membro do equipo técnico do Consello Regulador, o grupo puido coñecer diferentes puntos emblemáticos ligados coa historia do patrimonio enolóxico na comarca e emprazados, en concreto, no Concello de Oímbra (un dos que integran o territorio amparado de Monterrei).

Así, a comitiva tivo ocasión de desfrutar de diferentes paisaxes da zona, coñecer in situ os viñedos pertencentes a algunhas das adegas máis representativas deste concello e deterse, particularmente, no Lagar Adega As Barrocas e no Lagar Xan Preto. Precisamente, os lagares de Oímbra destacan por ser algunhas das estruturas máis antigas de cantas se conservan en Galicia ligadas á elaboración de viño.

Entre outros, participaron na visita os directores David Fidalgo, autor da curta Sandwich Cat, e Jordi Huguets, responsable da peza Columnes D´aire. O director do FIC Vía XIV e a concelleira de Cultura de  Verín acompañaron tamén ao grupo durante o percorrido que finalizou, xa en Verín, cunha cata comentada nas instalacións do Consello Regulador na que os asistentes puideron degustar algúns dos brancos e tintos máis representativos da comarca.

Marca Verín

“Sempre dicimos que o noso festival, amais de achegar á cinematografía e os seus valores aos habitantes da comarca, pretende tamén erixirse como un escaparate promocional que difunda a marca Verín máis aló das nosas fronteiras. E é indiscutible que a nosa cultura vai moi ligada ao eido vitivinícola. Por iso, agradecemos á D.O. Monterrei e, en particular, ao seu presidente Jonatás Gago, a súa implicación no desenvolvemento desta iniciativa”, apunta Carlos Montero, director do FIC Vía XIV.

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *