- O actor e comunicador, con gran experiencia en teatro, cinema e televisión foi a figura homenaxeada este ano pola organización do FIC Vía XIV
Verín, 10 de setembro de 2021.- O ourensán Sergio Pazos conquistou co seu humor, en forma de monólogo, a todos os asistentes ao acto de homenaxe que este serán se lle rendeu no Auditorio de Verín no marco do FIC Vía XIV. Deste xeito, Sergio Pazos sucedeu a Luis Zahera e a Mabel Rivera como figuras homenaxeadas. Pazos posúe unha ampla traxectoria que inclúe os campos do teatro, do cinema e da televisión.
A organización do FIC Vía XIV decidiu distinguir a Pazos pola súa conexión con Ourense e a súa provincia. Na homenaxe que se lle rendiu incluise o visionado dalgunhas das curtametraxes na que Pazo participou e que son representativas da súa carreira.
Posteriormente, o propio Sergio Pazos participou nun coloquio cos asistentes ao acto de homenaxe. Entre outros, Pazos traballou en diversos filmes de televisión e cine tales como Ni se te ocurra, Un soño de verán, A fiestra baldeira, La Ley de la frontera, A Esmorga, Airbag, Muertos de risa, Galáctea: a conquista da vía láctea, Tuno negro, Binomio. Los siameses españoles, Las rubias los prefieren caballeros, Lisístrata, El lápiz del carpintero, ¡Hay motivo!, Hot milk e El donde de la duda.

Deixa unha resposta