Entregados os premios aos mellores escaparates de cinema en Verín

Concurso Escaparates Festival Internacional de Curtas de Verín FIC Vía XIV

  • O concurso estivo promovido conxuntamente polo FIC Vía XIV e AEVER

Verín, 13 de decembro de 2018.- O Festival Internacional de Curtas de Verín, FIC Vía XIV, que se celebrou durante toda a semana pasada na vila do Támega trouxo consigo unha serie de actividades paralelas co obxectivo de integrar á poboación e aos axentes socioeconómicos da zona no discorrer do festival. Entre estas iniciativas paralelas, púxose en marcha un concurso promovido conxuntamente coa asociación de comerciantes verinesa, AEVER, para que os establecementos interesados engalanasen os seus escaparates con motivos de cinema.

Esta mañá coñeceuse o resultado deste concurso, que distinguiu en primeiro lugar a Casa del Mueble. No segundo posto clasificouse Noisiness e a terceira posición foi para Asubío. Estes establecementos recibiron cadanseu premio de 150, 75 e 50 euros respectivamente.

O director do certame, Carlos Montero, quixo agradecer a todos os establecementos que se adheriron á iniciativa a súa participación e tamén destacou “a implicación de AEVER e da Concellería de Turismo e Comercio” na súa posta en marcha. Finalmente, Montero tamén agradeceu á asociación de comerciantes de Verín os regalos doados para seren sorteados entre os espectadores do festival.

 

Leave a comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *