logo fic 2022
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O festival
    • Categorías
    • Programa 2022
    • Catálogos
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Trofeos
    • Membros do xurado FIC 2022
    • Contacto
    • Equipo directivo
    • Laureles
  • Bases 2023
  • Inscrición
  • Galería
    • Galería 2022
    • Galería 2021
    • Galería 2020
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Voluntarios
  • Novas
  • ESES
  • GLGL
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O festival
    • Categorías
    • Programa 2022
    • Catálogos
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Trofeos
    • Membros do xurado FIC 2022
    • Contacto
    • Equipo directivo
    • Laureles
  • Bases 2023
  • Inscrición
  • Galería
    • Galería 2022
    • Galería 2021
    • Galería 2020
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Voluntarios
  • Novas
  • ESES
  • GLGL

Estudantes de secundaria de Verín aprenderán a realizar curtametraxes no marco dunha iniciativa piloto promovida polo comité organizador do FIC Vía XIV

17 Outubro, 2018

181017 PRESENTACION INSTITUTOS FIC VIAXIVDSC_8618 CMZ(1)

  • “O obxectivo final é que poidan elaborar por grupos unha proposta orixinal de curtametraxe”, sinala o director do certame, Carlos Montero

Verín, 17 de outubro de 2018.- Estudantes de secundaria do IES Xesús Taboada Chivite e do IES Castro de Baronceli coñecerán as claves de produción dunha curtametraxe no marco dunha iniciativa piloto que promoven os organizadores do FIC Vía XIV. Segundo sinala o director do certame, “o obxectivo final é que os mozos e mozas poidan elaborar por grupos unha proposta orixinal de curtametraxe”. Montero apunta tamén que “os mellores traballos poderán ser exhibidos en futuras edicións do Festival”.

A iniciativa foi presentada hoxe nos centros polo propio Carlos Montero, xunto a outros membros do comité organizador do certame coma o xefe de Produción, Xosé Lois Santiago Pello, e pola concelleira de Cultura de Verín, Emilia Somoza. O seu obxectivo é implicar aos verineses mais novos no discorrer do Festival a través da programación dunha actividade que os integre e mesmo os faga protagonistas do mesmo.

Deste xeito, os alumnos participantes adquirirán a través de varias masterclass específicas, codirixidas polo equipo organizador do FIC Vía XIV xunto a docentes de ambos os centros, nocións sobre guión, narrativa audiovisual, rodaxe, preprodución e posprodución de curtametraxes. As clases desenvolveranse durante os meses de outubro e novembro.

Entusiasmo e ilusión

A iniciativa foi recibida “con entusiasmo” polos estudantes, tal e como destaca Marta Acitores, profesora de Educación Plástica, Visual e Audiovisual no IES Castro de Baronceli. “É unha actividade interesantísima”, engade, e os alumnos están “moi motivados” e “ilusionados” con ela. “Polas características do formato da curtametraxe e pola súa duración, vense capaces de poder elaborar unha proposta orixinal”, afirma Acitores. Un total de 35 alumnos de 3º e 4º da ESO deste centro participarán na iniciativa.

Na mesma liña se manifesta César Sánchez, xefe de estudos e profesor de Imaxe e Son no IES Xesús Taboada Chivite. Serán 16 os alumnos deste centro que participen na iniciativa, todos eles alumnos dunha materia (a de Imaxe e Son) que “é relativamente nova no centro, posto que só leva impartíndose tres anos”. Sánchez valora como especialmente interesante a proposta do FIC para aqueles estudantes que queren enfocar os seus estudos superiores ás ramas de Comunicación Audiovisual, Xornalismo e mesmo Publicidade e RRPP.

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *